Guía de procedementos e servizos

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Se vostede, ben como particular ou ben representando unha persoa xurídica, quere realizar un vertido ó dominio público hidráulico, debe solicitar á Xunta de Galicia a correspondente autorización para poder proceder á realización do mesmo.

As autorizacións establecerán as condicións en que deben realizarse, e en todo caso, deben especificar as instalacións de depuración necesarias e os elementos de control e os límites cuantitativos e cualitativos que se impoñan a composición do efluente e o importe do canon de control do vertido.

O plazo máximo destas autorizacións será de cinco anos, renovables sempre que se cumpran as normas de calidade e obxectivos ambientais esixibles en cada momento.

Os vertidos ó dominio público hidraúlico están gravados cunha taxa, canon de control de vertidos, destinada ó estudio, control, protección e mellora do medio receptor.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, nº 7 - 9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544141/ 981541978

Fax: 981541943

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.

  • Proxecto técnico das instalacións de tratamento e evacuación do vertido.

  • No caso de vertidos indirectos ao dominio público a través da rede municipal de sumidoiros, copia do certificado de conexión polo Concello ou pola entidade concesionaria do servizo de saneamento no que conste o tipo de augas autorizadas para a súa conexión á rede municipal de sumidoiros e de tratamento posterior aplicado polo Concello ás devanditas augas residuais.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321D. Recurso en materia de augas"

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Corrección de erros do texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2001).

    • Real Decreto-Lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 90, do 14 de abril de 2007).

    • Real Decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das Concas Mediterráneas Andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Pedras (BOE nº 19, do 22 de xaneiro de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113B

Autorización para cortas en zona de servidume de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano