Guía de procedementos e servizos

SI427B

Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de apoio aos CIM.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

Fixar as bases e convocar para o ano 2025 as axudas e subvencións a entidades locais para o programa de apoio aos CIM para o financiamento das seguintes accións:

1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para realizar as correspondentes funcións

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545369

Email: promocion.igualdade@xunta.gal

http://igualdade.xunta.gal/

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

1. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada un dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.

2. Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao Programa de apoio aos CIM (SI427B), a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.

3. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2023 ao Consello de Contas de Galicia, e, ademais, no caso dos CIM deberá ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2024 ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto 3.

Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións

1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.

2. As entidades locais que se agrupen ou asocien para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para o do Plan Corresponsables, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:

a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega, logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do Programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.

b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Consellería de Política Social e Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.

c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.

d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se faga constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.

4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para o cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, así como no de Plan Corresponsables, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.

Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Solicitude segundo o Anexo I.3

Anexo II (certificación sobre o acordo de solicitar a subvención).

Anexo II-bis (certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados), só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

Anexo V.1 (orzamento desagregado dos gastos de persoal do CIM).

Anexo V.2 (ficha individualizada do persoal do CIM).

Memoria de aforro de custos, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades ou consorcios.

Convenio de colaboración, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

 Presentación de solicitudes.

As solicitudes para os tres procedementos presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).

    • Resolución do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 20 de maio de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano