Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR925A
Axudas económicas individuais.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Establecer un programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social, para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro en que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria e que se encontren en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia maiores de idade e residentes nalgún dos países do estranxeiro para os cales o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria.
2. Os/as seus/súas fillos/as maiores de idade (coa excepción prevista para o caso das axudas por violencia de xénero) que teñan a nacionalidade española e se encontren vinculados/as a un concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
3. No caso do falecemento das persoas arriba indicadas, poderán ser, por unha vez, persoas beneficiarias as seguintes:
a) O cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga de afectividade dunha persoa beneficiaria na última convocatoria deste programa, que falecese nos doce meses anteriores ao último día do prazo para a presentación de solicitudes en 2026, que acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.1.
b) Un membro da unidade familiar dunha persoa solicitante desta axuda que reúna as condicións para ser beneficiaria e faleza despois do último día do prazo de presentación de solicitudes e antes do 30 de xuño de 2026, sempre e cando o solicite por escrito dentro dese período, teña 18 anos feitos e acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.1.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais
Servizo de Programas Sociais
Praza de Mazarelos, núm. 15
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545882/ 981547291
Email: acción.social.emigracion@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
06/02/2026 09:00 - 06/04/2026 20:00
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses.
O prazo iniciarase ás 9.00 horas a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e o último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.
Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Malia o anterior, e de conformidade co establecido no artigo 32 da LPACAP, a Secretaría Xeral da Emigración, por razóns xustificadas, poderá ampliar o prazo de presentación de solicitudes mediante resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Se é preciso, poderase prolongar uns días o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica da Xunta de Galicia, exclusivamente para os efectos de que as delegacións e demais entidades indicadas no artigo 7.1, en exercicio da autorización outorgada polas persoas solicitantes para facelo, poidan introducir os datos das solicitudes recibidas en prazo.
1. Sen prexuízo da necesidade de cumprir e acreditar os requisitos específicos que se indican para cada un dos supostos de axuda nos seguintes artigos, para accederen a estas axudas as persoas solicitantes deben reunir os requisitos xerais que se sinalan a seguir:
a) A condición de persoas beneficiarias de acordo co disposto no artigo 2.
b) Residir nun país do estranxeiro para o cal o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por razón de necesidade no ano anterior, cunha antigüidade mínima de tres meses contados desde o último día do prazo de presentación de solicitudes.
c) Carecer de rendas ou ingresos suficientes.
Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando aqueles de que dispoña a persoa solicitante ou se prevexa que vai dispoñer en cómputo anual sexan iguais ou inferiores a 1,8 veces a base de cálculo da prestación económica por razón de necesidade establecida polo Estado español para o país de residencia, nas contías que se determinen para o ano desta convocatoria.
Malia o disposto no parágrafo anterior, se a persoa solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes segundo o previsto nel, pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da dita cifra polo número das persoas que convivan menos unha.
Para os efectos do establecido neste punto, consideraranse rendas ou ingresos computables todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas, os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria ou a unidade económica familiar, derivados tanto do traballo coma do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.
d) Carecer de patrimonio inmoble suficiente.
Considerarase que existe patrimonio inmobiliario suficiente cando o valor patrimonial ou equivalente dos inmobles, na unidade económica familiar, agás a vivenda habitual, supere en 2,5 veces as contías previstas nese punto en cómputo anual.
e) Non percibir a prestación por razón de necesidade do Estado español.
f) Carecer de impedimentos para a percepción desta axuda segundo a lexislación de subvencións aplicable en Galicia.
2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase como unidade económica familiar integrada pola persoa solicitante e, no seu caso, polo seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade, así como polos/as fillos/as e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o terceiro grao, sempre que convivan coa persoa solicitante.
Axudas para paliar situacións de precariedade socioeconómica na unidade familiar
Poderán solicitar as axudas para este fin as persoas que cumpran, ademais dos requisitos xerais previstos no artigo 3.1, os seguintes:
1. Os residentes nun país iberoamericano co cal o Estado español non teña asinados convenios bilaterais en materia de seguridade social, que teñan 70 anos feitos e acrediten uns ingresos da unidade económica familiar, por calquera concepto, inferiores ao 30 % da contía prevista no artigo 3.1.c).
2. Os residentes nun país iberoamericano co cal o Estado español teña asinados convenios bilaterais en materia de seguridade social, que teñan 50 anos feitos e acrediten a situación de precariedade da unidade económica familiar mediante un informe social conforme ao artigo 9.3.a), coa excepción daqueles que o último día de prazo de presentación das solicitudes teñan unha idade comprendida entre 50 e 64 anos e foran beneficiarios dunha axuda económica individual por precariedade socioeconómica (artigo 4.2) nos dous anos anteriores (2024 e 2025).
Axudas para paliar situacións de precariedade sanitaria e socio-sanitaria na unidade familiar
Poderán solicitar este tipo de axudas as persoas que o último día do prazo de presentación de solicitudes teñan 18 anos cumpridos e acrediten, segundo o establecido no artigo 9.3.b), que cumpren os requisitos xerais do artigo 3.1, e que ela ou outra persoa da súa unidade familiar ten recoñecida unha situación de discapacidade ou invalidez, ou ben padece algunha enfermidade moi grave ou grave e crónica, que require prestacións terapéuticas para as cales carece dun seguro de saúde que lle proporcione unha cobertura suficiente.
Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero
Poderán solicitar as axudas deste suposto as mulleres maiores de idade ou menores emancipadas que cumpran os requisitos xerais do artigo 3.1 e acrediten sufrir unha situación de violencia de xénero no ano anterior ao da convocatoria segundo o previsto no artigo 9.3.c).
Forma e lugar de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico poderán presentar a solicitude e a documentación complementaria nas entidades colaboradoras que se indican a seguir:
• No Brasil:
– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução en São Paulo.
– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
– Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía.
• En Cuba:
– Federación de Sociedades Gallegas de Cuba na Habana.
• En Venezuela:
– Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
– Hermandad Gallega de Valencia.
– Centro Gallego de Maracaibo.
– Centro Gallego de Puerto la Cruz.
– Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara, en Maracay.
A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade correspondente segundo o lugar de residencia para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes da obriga de cubrir e asinar a solicitude segundo o anexo I.
No caso de utilizar esta vía, é recomendable que as solicitudes se presenten cunha antelación suficiente respecto ao remate do prazo de presentación das solicitudes.
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No caso de que a persoa solicitante estea incapacitada, a solicitude farase ao seu nome e será asinada polo seu representante legal.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Persoas solicitantes dos artigos 2.1 e 2.2.
a) Se a persoa solicitante é emigrante, o documento oficial en que conste o lugar de nacemento en Galicia, agás no suposto de que a persoa solicitante fose beneficiaria dunha axuda económica convocada pola Secretaría Xeral da Emigración no 2025.
b) Se é fillo/a da persoa emigrante, o certificado de nacemento do rexistro civil correspondente, agás no suposto de que a persoa solicitante fose beneficiaria dunha axuda económica convocada pola Secretaría Xeral da Emigración en 2025.
c) Pasaporte español ou outro documento oficial acreditativo da nacionalidade española.
d) Certificado recente do Rexistro de Matrícula Consular que acredite residencia no estranxeiro cunha antigüidade mínima de tres meses contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este certificado non será necesario para os residentes nun país iberoamericano co cal o Estado español non teña asinados convenios bilaterais de seguridade social.
e) Se o solicitante é fillo/a de emigrante, un certificado de inscrición no PERE actualizado para o ano da convocatoria, agás no caso de que a persoa estea incapacitada legalmente e tal incapacidade impida a inscrición no dito padrón.
1.2. Persoas solicitantes do artigo 2.3 que optan á axuda deste ano en calidade de cónxuxe viúvo/a, parella de feito ou relación análoga dunha persoa falecida beneficiaria en 2025, ou de membro da unidade familiar da persoa solicitante neste ano falecida antes do 30 de xuño con condicións para selo, require a presentación da seguinte documentación:
a) Documento de identidade da persoa solicitante.
b) Certificado oficial de defunción da persoa beneficiaria en 2025 ou da solicitante deste ano e, no primeiro suposto, copia da documentación acreditativa da súa identidade.
c) Documentos que xustifiquen a relación de parentesco coa persoa falecida.
d) Declaración responsable similar á que figura no anexo I, na cal faga constar non ter solicitado ou percibido outras axudas para os mesmos conceptos, non encontrarse en ningunha das circunstancias que, segundo as normas vixentes en Galicia en materia de subvencións, impiden a obtención de axudas públicas, así como o compromiso de asumir, de ser caso, as obrigas sinaladas no artigo 21 para as persoas que resulten beneficiarias.
e) No caso das persoas do artigo 2.3.b): solicitude asinada.
2. Documentación que acredita requisitos xerais e económicos:
a) Documento de identidade do país de residencia.
b) Documento de identidade do resto dos membros da unidade familiar.
c) Documento acreditativo da representación legal, actualizado, si corresponde.
d) Certificación ou xustificante de ingresos, rendas ou pensións da persoa solicitante e membros da súa unidade familiar, ou declaración responsable de ausencia de ingresos.
e) Documentación acreditativa da convivencia dos membros da unidade familiar.
f) Documentación xustificativa oficial na cal conste o valor patrimonial dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, de que dispoñan os membros da unidade económica familiar da persoa solicitante, ou unha declaración responsable, asinada por todos os membros da unidade familiar maiores de idade, conforme ao anexo II.
3. Documentación específica segundo o tipo de axuda.
a) Para acceder ás axudas orientadas a paliar a situación de precariedade no seo da unidade familiar do artigo 4.2: un informe social emitido por persoa profesional colexiada, no cal se detallen os membros da unidade familiar e os seus ingresos (mencionando, de ser o caso, o relativo á PRN), as condicións de vida, unha valoración acerca da suposta situación de precariedade e unha conclusión –favorable ou non– relativa á concesión da axuda solicitada.
b) Para acceder á axuda prevista no artigo 5: un informe médico segundo o modelo normalizado do anexo III, expedido por un facultativo colexiado no país de residencia da persoa solicitante e, no seu caso, certificado oficial de invalidez ou discapacidade.
As persoas solicitantes que residan en países iberoamericanos cos que o Estado español teña firmados convenios bilaterais en materia de seguridade social, presentarán ademais un informe social emitido por profesional colexiado no país de residencia que conteña unha valoración da situación de precariedade da unidade familiar e unha declaración expresa sobre se a persoa discapacitada ou doente dispón de cobertura suficiente, pública ou privada, para afrontar as prestacións terapéuticas ou sanitarias que segundo o facultativo precisa (medicación, tratamentos médicos específicos, psicoterapia, fisioterapia, rehabilitación integral, terapias educativas, asistencia de coidadores para as necesidades básicas ou específicas...).
c) Para os casos de violencia de xénero do artigo 6: unha sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe social emitido por un organismo oficial que acredite o padecemento da situación de violencia no ano anterior e/ou no mesmo ano da convocatoria.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A falsidade ou ocultación de datos na documentación presentada para obter a axuda comportará a exclusión do proceso de valoración e, polo tanto, a imposibilidade de ser persoa beneficiaria das axudas establecidas nesta resolución.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Declaración responsable (Anexo II)
- Axudas para paliar situacións de precariedade socio-sanitaria na unidade familiar (Artigo 5) Informe médico (Anexo III)
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2026 (DOG nº 24 do 05 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Resolución do 16 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2026 (DOG nº 24 do 05 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 03/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega.
Prazo aberto: 27/01/2026 00:00 - 13/03/2026 23:59
Programa Escolas Abertas para entidades galegas do exterior
Prazo aberto: 23/01/2026 00:00 - 10/03/2026 23:59
Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior.
Prazo aberto: 27/02/2026 00:00 - 26/03/2026 23:59