Guía de procedementos e servizos

PR327G

Modificación da autorización de instalación e localización.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Este procedemento será o utilizado polos titulares de establecementos de hostalería para solicitar a realización de cambios nas autorizacións de instalación e localización relativos aos datos da persoa titular do establecemento ou á denominación do establecemento. Para isto deberá presentarse a mesma documentación que se esixe para outorgar unha autorización de instalación e localización agás a fotocopia da solicitude de licenza municipal de apertura a nome da persoa titular do establecemento.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Comunicación de modificación de autorización de instalación e localización (Anexo XL), acompañada da seguinte documentación:

    • No caso de cambio na titularidade do negocio:

      • De tratarse dunha persoa física: fotocopia do DNI da persoa titular do establecemento, ou número e sinatura de autorización para ser verificado pola Administración na base de datos do NIF do Ministerio de Interior, ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras.

        De tratarse dunha persoa xurídica: Fotocopia do Número de identificación fiscal, da escritura pública de constitución e do DNI da persoa representante ou autorización no cadro correspondente.

      • Fotocopia da solicitude do cambio de titularidade da licenza municipal de apertura a nome da nova persoa titular do establecemento.

      • Fotocopia do documento polo que se acredite a realización dunha actividade económica de hostalaría no local.

      • Documento acreditativo da titularidade ou dispoñibilidade do local.

      • Exemplar das autorizacións de instalación e localización en vigor.

      • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

    • No caso de cambio na denominación comercial do establecemento:

      • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - A Coruña

Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185971

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294884

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386931

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805374

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

Rúa Concepción Arenal, 8-1 (Vigo)

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817071

Órgano responsable

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985). Ligazón á normativa

    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008). Ligazón á normativa

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013). Ligazón á normativa

    • Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013). Ligazón á normativa

    • Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano

FA008A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

Aberto todo o ano