Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR326N
Cancelación da inscrición no Rexistro de Modelos a petición empresarial.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Logo da tramitación do correspondente procedemento con audiencia da empresa fabricante, distribuidora, importadora ou comercializadora do modelo, a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xogo poderá acordar a cancelación da inscrición dun modelo polas seguintes causas ou motivos:
a) Cando o solicite voluntariamente a empresa fabricante do modelo. Para estes supostos, poderá seguir autorizándose a explotación de máquinas do indicado modelo sempre que a empresa titular da máquina ou a empresa comercializadora correspondente acredite, por calquera medio de proba admitido en dereito, que esta se adquiriu con anterioridade á data da solicitude de cancelación rexistral cursada pola empresa fabricante e que se comprometa, así mesmo, expresamente a respectar os dereitos da empresa fabricante en relación con marcas e patentes.
b) Sen prexuízo das sancións que se for o caso corresponda impoñer, cando se constate tras a súa inscrición que o modelo ou, de ser o caso, a súa modificación non reúnen os requisitos e condicións técnicas exixibles ás máquinas e aos seus elementos de xogo pola normativa aplicable nesta materia.
c) O coñecemento posterior por parte da dirección xeral competente en materia de xogo, de falsidades, irregularidades, inexactitudes esenciais na solicitude ou na documentación achegada para a inscrición dos modelos, sen prexuízo das sancións que se impoñan.
Empresas fabricantes do modelo.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude segundo o Anexo XI.
Listaxe de empresas operadoras e comercializadoras do ámbito territorial galego adquirentes do modelo para o que se solicita a cancelación.
Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa.
Anexos
- Inicio
- Solicitude (Anexo XI)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Seis meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza n.º 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 546 410/ 981 546 442
Fax: 981 546 486
Email: xogosc@xunta.es
Órgano responsable
-
Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985). Ligazón á normativa
-
Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014). Ligazón á normativa
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008). Ligazón á normativa
-
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013). Ligazón á normativa
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008). Ligazón á normativa
-
Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013). Ligazón á normativa
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014). Ligazón á normativa
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Tarxeta de Identidade Marítima Náutica de Lecer
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización modificación de sala de bingo.
Aberto todo o ano