Guía de procedementos e servizos

PE402B

Inscrición no censo de embarcacións autorizadas na reserva mariña os Miñarzos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 21/02/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Establecer as condicións xerais e iniciar o proceso de inscrición das embarcacións interesadas no censo da REMIP Os Miñarzos.

Poderán inscribirse no censo as embarcacións que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Pesca

Servizo de Pesca

Praza de Europa, 5A - 4º

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545009

Email: servizopesca@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

21/02/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As persoas propietarias e/ou armadoras das embarcacións xa inscritas no censo aprobado pola Resolución do 10 de setembro de 2024 non teñen que presentar unha nova solicitude para continuar inscritas no censo específico da Remip Os Miñarzos.

As embarcacións que soliciten a inscrición deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) O permiso de explotación da embarcación que estará en vigor deberá conter algunha das modalidades autorizadas no ámbito da Remip Os Miñarzos, de acordo co establecido nos artigos 5 e 6.bis do Decreto 87/2007, do 12 de abril, o artigo 4 da Orde do 27 de novembro de 2007, e o Plan de xestión integral aprobado para os anos 2024, 2025 e 2026.

b) A embarcación terá porto base na Comunidade Autónoma galega e deberá estar inscrita no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

Presentación de solicitudes.

A solicitude de inscrición no censo da Remip Os Miñarzos deberá ser formulada polo armador ou propietario da embarcación interesada.

Forma de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Nome, matrícula e folio e porto base da embarcación.

f) Identificación do propietario e/ou armador da embarcación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 236 do 7 de decembro de 2007).

    • Corrección de erros.-Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 243 do 18 de decembro de 2007)

    • Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e a xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 48 do 10 de marzo de 2009).

    • Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 88 do 8 de maio de 2007).

    • Corrección de erros.-Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 137 do 16 de xullo de 2007).

    • Decreto 241/2008, do 2 de outubro, polo que se modifica o Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 210 do 29 de outubro de 2008).

    • Resolución do 5 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2025).

    • Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 65 do 3 de abril de 2025).

    • Resolución do 29 de abril de 2025 pola que se aproba o censo definitivo de embarcacións autorizadas a pescar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 87 do 8 de maio de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401A

Permiso de explotación para embarcación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano