Guía de procedementos e servizos

PE401M

Inclusión e actualización nas listas para o incremento do número de cotas de captura para as embarcacións incluídas nun plan de xestión de recursos específicos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

A presente orde ten por obxecto regular as habilitacións necesarias para a explotación de recursos específicos e os plans de xestión para estes recursos.

Para os efectos da súa regulamentación, intégranse na categoría de recursos específicos o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos, así como calquera outro que determine a consellería competente en materia de marisqueo mediante a aprobación do correspondente plan de xestión.

Será de aplicación á explotación de recursos específicos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo.

Cando nun plan de xestión se aprobe un aumento de esforzo pesqueiro mediante o incremento do número de cotas de captura para as embarcacións que xa están incluídas no plan, dito incremento efectuarase a través dun sistema de lista aberta no cal a orde de prelación das embarcacións virá dada pola puntuación obtida tras a aplicación do baremo previsto no artigo 43.1 desta orde.

Elaborarase unha lista para cada recurso específico sometido a plans de xestións que aproben o incremento do número de cotas nas embarcacións participantes.

Aprobados os plans de xestión de recursos específicos pola Consellería do Mar, a xefatura territorial acordará mediante resolución a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas.

A resolución publicarase no taboleiro de anuncios das xefaturas territoriais e na páxina web: http://www.xunta.es.mar. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios das xefaturas comarcais correspondentes e da/s entidade/s asociativas.

As listas permanecerán abertas permanentemente para que as persoas armadoras interesadas poidan solicitar a inscrición.

Quen pode solicitalo

Persoas armadoras.

Requisitos

Será requisito indispensable para poder inscribirse nas listas que as embarcacións estean incluídas nos plans de xestión correspondentes.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As solicitudes de actualización realizaranse no mes de xaneiro.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo VI.

  • Para a inclusión e actualización dos méritos nas listas para o incremento do número de cotas no plan de xestión:

    • Copia do DNI ou NIE da/s persoa/s solicitante/s, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • No suposto de cotitularidade, copia do DNI ou NIE do resto das persoas titulares da embarcación, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. No caso de autorizarse a consulta de datos, deberá realizarse de acordo co modelo do anexo IX.

    • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, en caso de non ter autorizado a consulta desta información á Consellería do Mar.

    • Documento que acredite a representación con que actúa a persoa representante, se é o caso.

    • Xustificante do pagamento das taxas, agás no caso de que o pagamento se realizase de forma telemática.

    • Documentación acreditativa de cada un dos aspectos que se van valorar segundo o baremo aprobado.

    • Copia do NIF da persoa xurídica solicitante, en caso de non ter autorizado a consulta desta información á Consellería do Mar.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros

Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996052

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182012

Fax: 981182228

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Celeiro)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555028

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Vigo)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817121

Fax: 986817030

Órgano responsable

Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994). Ligazón á normativa

    • Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007). Ligazón á normativa

    • Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013). Ligazón á normativa

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008). Ligazón á normativa

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009). Ligazón á normativa

    • Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401A

Permiso de explotación para embarcación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano