Guía de procedementos e servizos

PE113D

Axudas de carácter socioeconómico.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 17/09/2015 00:00 - 16/10/2015 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Convócase para o ano 2015, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas de carácter socioeconómico da prima non renovable do artigo 4 letra B) da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) e se establece a súa convocatoria para o ano 2015, tramitada como anticipada de gasto, dirixidas a tripulantes de buques pesqueiros que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro coa finalidade de paliar os efectos do axuste estrutural da frota.

Tipo de axuda.

Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.

Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.

Os tripulantes de buques pesqueiros que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro que non se tivesen presentado en prazo á Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2015).

Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

2. Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, nesta orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a súa comprobación documental e material.

b) Acreditar mediante declaración responsable que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

c) No caso das axudas previstas no artigo 6 letras A) e C), os bens subvencionados deberán ser destinados ao fin concreto para o cal se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 56 do Regulamento (CE) nº 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.

g) Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a modificación das finalidades para as cales foi concedida a axuda, o que pode levar consigo unha minoración da axuda concedida ou a súa denegación, segundo a importancia das modificacións operadas.

h) Os beneficiarios terán a obriga de dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento dos investimentos realizados no caso das axudas reguladas na letra A e C do artigo 6, con expresa mención da participación do Fondo Europeo da Pesca, de conformidade co establecido no Regulamento 498/2007, do 26 de marzo.

i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)

AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555035

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182010

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546295

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.gal

http://www.xunta.gal/mar

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817129

Fax: 986817118

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/09/2015 00:00 - 16/10/2015 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Requisitos xerais dos beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios tanto os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia como os tripulantes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, sempre que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.

2. Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos exixidos na normativa básica do Estado non sinalados no punto anterior. En particular deberán cumprirse as condicións recollidas no artigo 27 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca e no programa operativo para o sector pesqueiro español.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos específicos.

Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.

1. Tripulantes que traballasen a bordo dun buque pesqueiro polo menos doce meses, sempre que o buque se sometese á paralización definitiva das actividades pesqueiras e que a dita paralización forme parte dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.

2. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do Mar e ter cotizado neste réxime un período mínimo de doce (12) meses.

3. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.

4. Estar enrolado, en alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego, no buque obxecto de axuste estrutural desde o momento en que o armador solicite a prima por paralización definitiva.

  • A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

    • Anexo I de solicitude de axuda.

  • A documentación complementaria está formada por:

    • a) Informe de vida laboral expedido polo Instituto Social da Mariña.

    • b) Copia cotexada de todas as follas de todos os cadernos de inscrición marítima, que deberán estar actualizados.

    • c) Copia cotexada do DNI só no caso de non autorizar o órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).

    • d) Documentación acreditativa da finalización da actividade laboral en relación co buque paralizado. Para o caso de que a actividade laboral non estea rematada ou non se dispuña da documentación acreditativa no momento de presentar a solicitude, esta documentación presentarase previamente ao pagamento da prima dentro do prazo de xustificación.

    • e) Para os maiores de 55 anos, ademais, informe COE emitido polo Instituto Social da Mariña en que conste a idade de xubilación, unha vez aplicados os coeficientes redutores.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

  • Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) e se establece a súa convocatoria para o ano 2015, tramitada como anticipada de gasto (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2015).

    • Orde do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca para o ano 2015, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas de carácter socioeconómico da prima non renovable, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) (DOG nº 177 do 16 de setembro de 2015).

  • Ámbito Europeo
Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano