Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT823B
Sorteo de postos de pesca de lamprea no río Tea.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
É obxecto do procedemento a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea
Pescadores/as do río Tea.
A zona de pesca é o tramo do río Tea comprendido entre a ponte do ferrocarril (Salvaterra de Miño) e a praia da Moscadeira (Ponteareas).
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Av. Mª Victoria Moreno 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805441/ 986805721
Email: caza.pesca.po@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
21/11/2025 00:00 - 04/12/2025 23:59
O prazo para solicitar a participación no sorteo será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Modalidade de pesca.
Os medios autorizados para a pesca da lamprea no río Tea son a estacada, a fisga (unha por pescador/a) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira ou similar que se coloca sobrevoando o río, perpendicularmente á dirección da corrente.
Características das estacadas.
1. As estacadas deberán cumprir as condicións seguintes:
a) Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso a súa lonxitude máxima superará a metade do leito fluvial ocupado polas augas en cada momento.
b) Un extremo apoiarase na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo elas.
c) Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo I desta orde. A situación exacta será a indicada polo persoal da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e non se poderán instalar sen o pagamento previo do prezo público correspondente. Calquera cambio de lugar requirirá a solicitude e a autorización previa do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra.
No suposto de que as persoas adxudicatarias de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montaranse no lugar correspondente á que estea sinalada augas máis abaixo.
d) Calquera modificación da vexetación de ribeira axustarase ao disposto na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, e na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG núm. 149, do 7 de agosto).
No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, tomaranse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resulten danadas.
e) As luces colocaranse en liña paralela á estacada de xeito que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade. En ningún caso se colocarán as luces por debaixo da estrutura da estacada. Prohíbense os focos ou similares.
f) Unha vez finalizado o réxime especial o día 1 de maio de 2026, os pescadores e as pescadoras disporán dun prazo de 15 días naturais para retiraren as estacadas e demais instalacións e deberán deixar o contorno libre de lixo.
2. Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán solidariamente todas as persoas autorizadas.
Solicitudes.
1. As persoas interesadas poderán participar no sorteo público que efectuará o Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra no lugar sinalado.
Non poderá participar no sorteo quen fose inhabilitado por incumprir as obrigas que establece o artigo 12 da Orde do 6 de novembro de 2024 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixan o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2025 (DOG núm. 220, do 14 de novembro).
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do procedemento MT823B dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-Pluralidade de persoas solicitantes.
As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a lista completa de persoas solicitantes segundo o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento MT823B). As actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación relativa á pluralidade de persoas solicitantes, no caso de solicitudes conxuntas, na cal deberá constar a listaxe completa das persoas interesadas que a formulan segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera dos medios sinalados no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 32 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da primeira persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Pluralidade de persoas (Anexo XVI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de novembro de 2025 pola que se regula a pesca de lamprea no río Tea e se fixan o período e as condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2026 (DOG nº 225 do 20 de novembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano