Guía de procedementos e servizos

MR550A

Axudas á reposición de animais: Xeral

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 17/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular para o ano 2026 as axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio/matanza de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen ou fóra necesaria a súa eutanasia durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais.

- Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio/matanza de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén as persoas e as entidades titulares das explotacións onde morresen ou fosen eutanasiados os animais das ditas especies durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais.

- As persoas ou entidades solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

- No cumprimento do artigo 1.5.h).ii) do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresa en crise, segundo a definición desta establecida no artigo 2.59) deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista de enfermidades animais, infeccións e infestacións do Código sanitario para os animais terrestres da Organización Mundial de Sanidade Animal (OMSA), ou no artigo 5.1 do Regulamento (UE) 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo, ou no Regulamento (CE) núm. 999/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio.

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:

a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, números 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda concedida polo mesmo Estado membro ilegal e incompatible co mercado interior, e no cumprimento do artigo 1.4.a) do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Sanidade Animal

San Caetano, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545 733

Fax: 981 545 735

Email: sanidadeanimal.mrural@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 184 565

Fax: 981 184 653

Email: servizo.gandaria.a.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 534

Fax: 982 294 425

Email: ganderia.mediorural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386 525

Fax: 988 386 524

Email: ganderia.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886 206 569

Fax: 886 206 590

Email: ganderia.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

17/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2026.

- Para os efectos de ter dereito ás axudas reguladas nesta orde, as persoas/entidades implicadas e titulares das explotacións gandeiras, e as explotacións gandeiras afectadas:

a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a continuación, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar animal, alimentación animal, seguridade alimentaria nas producións gandeiras e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, polo tanto, non se atoparán en ningún dos supostos previstos no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro.

c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro.

- Para as axudas á reposición de gando, ademais, comprobarase que se cumpren os seguintes requisitos:

a) En todos os casos ter sacrificado obrigatoriamente, nos prazos sinalados pola autoridade competente, aqueles animais de especies susceptibles de padeceren a enfermidade e que fosen diagnosticados positivos ou sospeitosos.

b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.

c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

d) En canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda, os da especie bovina procederán de explotacións de orixe cunha cualificación sanitaria T3B4 durante os 3 últimos anos consecutivos como mínimo. As ditas explotacións de orixe deberán pertencer, ou ben, a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose inferior ao 0,10 %, ou ben a rexións con status de libre de enfermidade ao respecto do complexo Mycobacterium tuberculosis (CMT) e a unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose inferior ao 0,10 %. Se as reses bovinas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser oficialmente indemnes de tuberculose, brucelose e leucose bovina, e libres de perineumonía contaxiosa bovina.

Os animais comprados das especies ovina e cabrúa deberán proceder de explotacións de orixe con cualificación sanitaria M4 durante os 3 últimos anos consecutivos como mínimo. As ditas explotacións de orixe deberán pertencer, ou ben a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose bovina inferior ao 0,10 %, ou ben, a rexións con estatus de libre de enfermidade ao respecto do complexo Mycobacterium tuberculosis (CMT) e a unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose bovina inferior ao 0,10 %. Se as reses ovinas ou cabrúas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser oficialmente indemnes de tuberculose bovina e de brucelose ovina e cabrúa.

Para os efectos de coñecer as prevalencias de tuberculose bovina antes de efectuar a compra de animais, consultarase o seguinte enlace da web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA):

https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-higiene-ganadera/sanidad-animal/enfermedades/tuberculosis/tuberculosis_bovina

Dentro do Programa nacional de erradicación da tuberculose bovina (PNETB) atópase a información de prevalencias desta enfermidade, por provincia e por comarca veterinaria, e tamén as provincias libres do CMT; esta información é actualizada anualmente polo MAPA:

• Prevalencias de establecementos comarcais TB2022-2024.

• Prevalencias de establecementos provinciais 2022-2024.

• Provincias libres e de prevalencia menor 0,2.

Así mesmo, esta información atópase dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural, na sección da Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN): https://ovmediorural.xunta.gal/gl/tramites/ovgan

- Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación dos procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos nos tres puntos anteriores.

Solicitudes.

1. Os procedementos de concesión das axudas iniciaranse coa presentación das solicitudes de axuda por parte das persoas interesadas, e empregando os seguintes formularios que figuran como anexos nesta orde:

- Para solicitar as axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición (do capítulo II desta orde): o anexo IV (corresponde ao procedemento MR550A).

Será necesaria a presentación dunha solicitude (anexo IV) para cada subexplotación gandeira afectada (bovino, ovino/cabrún, etc.). No caso dos pequenos ruminantes (gando ovino e cabrún), será suficiente a presentación dunha única solicitude para ambas as dúas subexplotacións, é dicir, unha solicitude única (anexo IV) cando ambas as especies se atopen xuntas na explotación.

2. Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria (datos bancarios). Nela, a persoa solicitante anotará o titular da conta, que será o titular da explotación gandeira, e o número da conta bancaria (código IBAN da conta) que pertenza ao dito titular da explotación, para os efectos de pagamento das axudas e, así mesmo, declarará a súa veracidade.

Lugar e forma de presentación das solicitudes de iniciación.

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e así mesmo, ao abeiro do artigo 10.1.a) e c) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas traballadoras autónomas (persoas físicas) e as persoas que as representen, para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, estarán obrigadas a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no ámbito do sector público autonómico:

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo IV, procedemento MR550A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica (sociedades civís (SC), comunidades de bens (CB), titularidades compartidas (TC), etc.), as persoas físicas que sexan traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (persoas físicas que non sexan traballadoras autónomas), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Lugar e forma de presentación da documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, así mesmo, ao abeiro do artigo 10.1.a) e c) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas traballadoras autónomas (persoas físicas) e as persoas que as representen, para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, estarán obrigadas a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no ámbito do sector público autonómico:

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos establecidos nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante, ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Consulta de concesións ampliadadas.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.

j) Consulta de axudas do Estado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo IV, procedemento MR550A) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano