Guía de procedementos e servizos

CT501B

Subvencións do Programa Bono Emancípate

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Próxima apertura: 13/02/2026 09:00 - 30/04/2026 20:00

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

O Bono Emancípate 2026 ofrece unha axuda económica para persoas mozas que alugan ou mercan unha vivenda, co obxectivo de cubrir gastos iniciais da emancipación (non inclúe o pago do aluguer nin o pago do prezo da vivenda). A axuda permite pagar:

  • Mobles

  • Electrodomésticos

  • Utensilios de cociña

  • Artigos de baño

  • Téxtil de fogar

  • Artigos de decoración.

A axuda utilízase a través dunha tarxeta virtual, só en establecementos físicos de Galicia. Non permite compras por internet.

Contía da axuda:

  • 1.500 € para persoas que aluguen.

  • 3.000 € para persoas que merquen unha vivenda.

A tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.

Poden pedir a axuda as persoas que cumpran TODOS estes requisitos:

1.-Ter entre 18 e 35 anos no momento da solicitude da axuda.

2.-Ter nacionalidade española, ou dalgún dos Estados Membros da UE/do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou ter parentesco segundo a normativa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: ter residencia regular en España.

3.- Ter ingresos regulares (ter traballo, ser persoal investigador ou en formación ou percibir unha prestación periódica) Débese demostrar:

  • Vida laboral mínima: 3 meses nos últimos 6 meses antes da solicitude ou

  • Compromiso de ingresos durante 6 meses desde a solicitude.

No caso de ter máis dunha fonte de ingresos sumaranse todas.

4.- Cumprir os límites de ingresos segundo unidade de convivencia:

Nos casos de vivir nunha unidade de convivencia (conxunto de persoas que habitan e gozan coa persoa beneficiaria dunha vivenda de forma habitual e permanente) teranse en conta os seguintes límites segundo se teña ou non unha causa de discapacidade:

  • No suposto de non ter ningún grao de discapacidade, os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 4 veces o IPREM (Indicador Público de Renda a efectos múltiples).

  • No suposto de ter un grao de discapacidade inferior ao 33% , os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 5 veces o IPREM.

  • No suposto de ter un grao de discapacidade superior ao 33%, os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 6 veces o IPREM.

Nos casos de non vivir nunha unidade de convivencia (tamén aplicará o criterio de ter ou non un grao de discapacidade):

  • No suposto de non ter ningún grao de discapacidade, os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM (Indicador Público de Renda a efectos múltiples- é o indicador definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía; considérase unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos familiares, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM de 2025.).

  • No suposto de ter un grao de discapacidade inferior ao 33% , os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 4 veces o IPREM.

  • No suposto de ter un grao de discapacidade superior ao 33%, os ingresos anuais da unidade deben ser iguais ou inferiores a 5 veces o IPREM.

5.- Ter un contrato de alugueiro ou escritura de compravenda formalizados despois do 30 de abril de 2025.

6.-Estar empadroada/o na vivenda pola que se solicita a axuda.

7.-Non posuír:

  • Outra vivenda en propiedade (agás casos de separación, herdanza sen testamento ou vivenda inaccesible por discapacidade).

  • Parentesco ata 2º grao coa persoa arrendadora ou vendedora.

  • Participación societaria na empresa arrendadora ou vendedora.

  • Non ter recibido a axuda do Bono Emancípate 2025.

8.-Estar ao día coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta.

Cada vivenda só pode recibir unha axuda. Se varias persoas conviven e piden a axuda xuntas, repártese a contía entre elas a partes iguais.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Edif. administrativo San Lázaro s/n, planta 0

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881 999 025 / 881 999 314

Email: bonoemancipate.xuventude@xunta.gal

https://xuventude.xunta.es/

Dirección Xeral de Xuventude
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/02/2026 09:00 - 30/04/2026 20:00

Do 13 de febreiro do 2026 ás 9:00 h ao 30 de abril do 2026 ás 20:00 h (salvo que se acabe o crédito con anterioridade).

Solicitude:

o   Obrigatoriamente por vía electrónica na sede da Xunta: https://sede.xunta.gal

o   Se se presenta en papel, requirirase para que se presente por vía electrónica (o prazo de presentación considérase o da solicitude correctamente presentada).

o   Para a presentación electrónica pódese empregar calquera mecanismo de firma admitido, incluso Chave 365.

Na solicitude faranse constar as seguintes declaracións:

o   Estar ao día no reintegro doutras subvencións.

o   Estar ao día nos pagos da vivenda (alugueiro ou compra).

o   Non ser propietaria doutro inmoble salvo excepcións.

o   Non ter parentesco ou relación empresarial coa parte arrendadora/vendedora.

o   Para o caso de solicitantes que teñan formalizado unha escritura pública de compravenda, que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos, contados desde a data da formalización da escritura pública de compravenda.

o   Que ningunha das persoas que convive na vivenda ten entre si parentesco en primeiro grao de consanguinidade, no caso de que na vivenda convivan, ademais da persoa solicitante, outra/s persoa/s e todas elas subscriban o contrato de arrendamento ou a escritura pública de compravenda.

o   Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

o   Declarar que os datos son certos.

o   Indicar teléfono móbil, necesario para activar a tarxeta.

Debe achegarse a seguinte documentación ou indicar se xa se presentou con anterioridade:

o   Representación, no caso de non figurar inscrito no Rexistro de Apoderamentos de Galicia.

o   Contrato de alugueiro ou escritura de compravenda.

o    Documentos que acrediten ingresos (contratos, certificados, prestacións…).

o   Documentación específica se existe separación, discapacidade ou vivenda herdada.

o   Anexos II e III (se hai convivencia ou non se presentou IRPF).

No caso de presentar documentación adicional:

o   Sempre electrónicamente.

o   A Xunta pode solicitar documentos orixinais se ten dúbidas.

o   Indicar código do procedemento e número de expediente no que se presenta a documentación adicional.

Comprobaranse automaticamente os seguintes documentos:

o   DNI/NIE

o   Vida laboral

o   AEAT (renda, débedas, etc.)

o   Seguridade Social

o   Catastro (propiedades)

o   Rexistros de prestacións e discapacidade

o   Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas da Intervención Xeral do Estado.

o   Consulta de concesións de subvencións e axudas.

o   Acreditación da convivencia actual das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.

o   Permiso de residencia legal de persoas estranxeiras (de ser o caso).

Se non se autoriza a consulta, a persoa solicitante deberá achegar os documentos.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude:

Todos os trámites deben realizarse electrónicamente a través da Carpeta cidadá da persoa  interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

 Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS319A

Carné Xove

Tramitar en liña

Aberto todo o ano