Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS404B
Renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2026/2027.
Nenos e nenas escolarizados durante o curso 2025/26 en calquera das escolas infantís do consorcio.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)
Prazo de presentación: ABERTO
17/03/2026 00:00 - 07/04/2026 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 7 de abril de 2026.
Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude.
Solicitudes
As solicitudes para a renovación de praza (procedemento BS404B) do alumnado escolarizado durante o curso 2025/26 presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado anexo V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude anexo V o anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón do documento asinado pola persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, en que autoriza á comprobación dos datos desta última, conforme o modelo do anexo II. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.
Así mesmo, no caso de que a persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, se opoña á comprobación de datos, farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2026/27 (DOG nº 50 do 16 de marzo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 17/03/2026 00:00 - 12/03/2027 23:59