Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS401E
Solicitude adopción internacional
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Protección de Menores
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545667/ 981547454
Fax: 981957591
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º (Centro Comercial Elviña)
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185746/ 981185732
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294378/ 982294374
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386582/ 988386585
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817088/ 986817092
Fax: 986817049
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Conforme á lexislación española, as persoas solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
Ter como mínimo 25 anos cumpridos; no caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas con relación estable análoga á conxugal, bastará con que un deles teña esta idade. En todo caso, a persoa adoptante deberá ter, polo menos, 14 anos máis que a persoa que vai ser adoptada.
Ter residencia habitual na Comunidade Autónoma galega ou ser emigrante galego/a con previsión de retorno; neste caso deberase xustificar a residencia efectiva na comunidade autónoma no prazo máximo dun ano desde a data de presentación da solicitude.
Ter plena capacidade xurídica e de obrar.
Estar declarado/a persoa idónea para a adopción tras o correspondente procedemento de valoración.
Certificación literal de nacemento.
Informe medico segundo cuestionario específico (se e o caso, acompañarase, ademais, o informe do medico especialista).
Fotocopia da última declaración da renda ou, no seu defecto, certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria e, se e o caso, declaración de bens patrimoniais.
Documento acreditativo da cobertura sanitaria (copia da tarxeta sanitaria).
Libro de familia ou certificado de convivencia (debense acreditar un mínimo de 2 anos de convivencia), se e o caso.
Sentenza de separación ou divorcio, se e o caso.
Dúas fotografías tamaño carne de cada persoa solicitante.
Certificación de antecedentes penais ou, no seu defecto, certificación negativa, expedida polo Ministerio de Xustiza.
Compromiso de seguimento.
Cuestionario persoal.
Ademais, se a/s persoa/s solicitante/s non asina/n o consentemento para que a entidade tramitadora comprobe os seus datos:
-Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
-Documentación acreditativa da residencia: certificados de empadroamento, acta de notoriedade, etc.
Prazo de resolución: 6 meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).
-
Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).
-
Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).
-
Corrección de erros.-Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 235 do 3 de decembro de 2003).
-
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006).
-
Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo oficial de contrato de intermediación en adopción internacional para a Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 73 do 17 de abril de 2012).
-
Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961. Ratificado por España o 27 de xullo de 1978 (BOE nº 229 do 25 de setembro de 1978).
-
Convenio sobre competencia das autoridades e a Lei aplicable en materia de protección de menores, feito na Haia o 5 de outubro de 1961. Ratificado por España o 22 de maio de 1987 (BOE nº 199 do 20 de agosto de 1987).
-
Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989. Ratificada por España o 6 de decembro de 1990 (BOE nº 313 do 31 de decembro de 1990).
-
Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia, o 29 de maio de 1993. Ratificado por España o 11 de xullo de 1995 (BOE nº 182 do 1 de agosto de 1995).
-
Convenio europeo en materia de adopción de menores (revisado), feito en Estrasburgo o 27 de novembro de 2008 (BOE nº 167 do 13 de xullo de 2011).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto do 24 de xullo de 1889 polo que se publica o Código Civil (artigos 175 a 180) (BOE nº 206 de 25 de xullo de 1889).
-
Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil (BOE nº 15 do 17 de xaneiro de 1996).
-
Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional (BOE nº 312, do 29 de decembro de 2007).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano