Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS402A
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
A convocatoria de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Socias (en adiante AGASS) para o curso 2026-2027.
Nenos e nenas desde tres meses de idade na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2026.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Email: familia.politicasocial.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 817794/ 986 817816
Fax: 986817049
Email: familia.ctb.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Email: familia.politicasocial.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, nº 9 - 1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185704
Fax: 981185737
Email: administrativos.familia.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545666
Email: 012@xunta.es
Prazo de presentación: ABERTO
17/03/2026 00:00 - 12/03/2027 23:59
(Prazo ordinario: Desde: 17/03/2026 Ata: 07/04/2026) O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 7 de abril de 2026.
(Prazo excepcional: Desde: 08/04/2026 Ata: 12/03/2027) O prazo para a presentación das solicitudes que se presenten ao abeiro do disposto no artigo 3.2.b) finalizará o 12 de marzo de 2027.
Serán requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2026/27:
a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
b) Que teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2026. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo co Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que as familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede pública autonómica A Galiña Azul, que comprende as escolas infantís 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, estean ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso nos centros da Agass.
Solicitudes
1. As solicitudes de novo ingreso (procedemento BS402A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
No impreso de solicitude (anexo I) poderá solicitarse praza para un máximo de dous centros indicando a orde de preferencia.
Os impresos estarán dispoñibles, ademais, no enderezo electrónico https://politicasocial. xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza e nos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Para novo ingreso as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (anexo I, procedemento BS402A):
a) Anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.
b) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social e Igualdade, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
e) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.
f) Xustificante actualizado da ocupación dunha das persoas proxenitoras ou ambas, persoa titora legal ou acolledora, no caso de persoas traballadoras que non estean dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social.
g) Resolución da declaración de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
h) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo, nos supostos en que este sexa de aplicación, que a seguir se relacionan:
1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia dunha das persoas proxenitoras ou ambas, da persoa acolledora, da persoa titora legal ou outros membros da unidade familiar cando non fosen expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
2º. Certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma.
3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non fose expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
4º. Certificado que acredite a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou a condición de persoa adestradora, técnica, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia.
i) Acreditación da solicitante, de ser o caso, da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada polo letrado ou letrada da Administración de xustiza.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
7º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
j) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente, no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, só nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.
3. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras c), d), f), g) e h) do número anterior dentro do prazo de presentación da solicitude e emenda suporá a non valoración na correspondente epígrafe do baremo, nos supostos da súa aplicación, que se recolle no anexo IV, de calquera das circunstancias alegadas.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do IRPF da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.
c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS402A, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de alta na Seguridade Social, na data de presentación da solicitude, da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.
b) Certificado de discapacidade do neno ou da nena para quen se solicita praza, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de recoñecemento do grao e nivel de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Resolución de acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza, formalizada pola Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificado de estar inscrito como demandante de emprego da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, na data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso.
f) Certificado de discapacidade dunha das persoas proxenitoras ou ambas, persoa acolledora ou persoa titora legal, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Certificado de recoñecemento do grao e nivel de dependencia dunha das persoas proxenitoras ou ambas, persoa acolledora ou persoa titora legal, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Certificado de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
5. A persoa solicitante asinará, na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón do documento asinado pola persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, en que autoriza á comprobación dos datos desta última, conforme o modelo do anexo II. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.
Así mesmo, no caso de que a persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, se opoña á comprobación de datos, farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2026/27 (DOG nº 50 do 16 de marzo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 17/03/2026 00:00 - 12/03/2027 23:59