Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI406F - Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Convocar o Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro) coa finalidade de financiar obras ou actuacións en que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares, para a anualidade 2023, con carácter plurianual.
Ao abeiro do artigo 31 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídicas de natureza privada.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motivan a concesión da subvención.
d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.
e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
1. Cando resulten beneficiarias persoas xurídicas de natureza privada, deberán declarar expresamente na solicitude que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.
Para que as entidades que carezan de personalidade xurídica propia sexan beneficiarias, coa excepción das comunidades de persoas propietarias, deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se aplicará por cada un deles. Nestes casos, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes bastantes.
2. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos citados artigos, relativa á obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social.
3. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas ou entidades beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo e a responsabilidade asumido por cada unha.
4. Cando a persoa propietaria da vivenda e a persoa arrendataria dela acorden que esta última financie ao seu cargo as actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda, a persoa arrendataria poderá solicitar da comunidade de persoas propietarias ou, de ser o caso, da persoa propietaria única, a adopción do correspondente acordo que se require para solicitar estas axudas. Neste suposto, a persoa arrendataria poderá ter a consideración de beneficiaria.
5. No caso de que a persoa beneficiaria da axuda sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada que exerza actividades económicas ou comerciais, aplicarase o seguinte réxime en materia de axudas de Estado:
a) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos últimos tres anos fiscais e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa inferior a 200.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) n° 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
b) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos últimos tres años fiscais e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa igual ou superior aos 200.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, aplicando a exención correspondente ás axudas ao investimento destinadas a medidas de eficiencia enerxética regulada no artigo 38.
O sometemento a esta norma de exención comunitaria require o cumprimento das seguintes condicións:
1º. Que se exclúan como posibles beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do dito Regulamento (UE) nº 651/2014, e as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
2º. Que a solicitude da axuda sexa anterior ao inicio das actuacións subvencionables, para cumprir o requisito de que a axuda teña efecto incentivador.
3º. Que a intensidade da axuda non supere as porcentaxes sinaladas no artigo 38 do devandito Regulamento 651/2014, isto é, o 35 % dos custos subvencionables, que pode incrementarse nun 10 % para as medianas empresas e nun 20 % para as pequenas empresas. Para determinar o cumprimento da intensidade máxima de axuda debe terse en conta o importe total das axudas estatais concedidas para os mesmos custos subvencionables.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881045897
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).
Extracto da Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).
Resolución do 3 de agosto de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2023).
Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 239 de 6 de outubro de 2021).
Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).
Corrección de erros do Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 276, do 17 de novembro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
16/06/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora na presente resolución como anexo I.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. No modelo de solicitude deberán constar os seguintes campos: o tipo de persoa ou entidade solicitante; os datos do edificio ou vivenda unifamiliar que se vai rehabilitar; a referencia catastral; o número total de vivendas e, de ser o caso, de locais do edificio que se vai rehabilitar, con indicación da superficie construída total sobre rasante; as superficies construídas sobre rasante con destino a vivenda e a locais e outros usos compatibles; o consumo de enerxía primaria non renovable e a demanda enerxética conxunta de calefacción e refrixeración actual e a prevista tras a rehabilitación; as emisións de CO2 antes e despois da actuación; a cualificación enerxética do edificio en consumo enerxético e en emisións antes e despois da actuación, así como o número e data da inscrición do certificado de eficiencia enerxética do edificio no estado actual no RGEEE; o número total de vivendas partícipes nas obras e interesadas na subvención; a superficie total de locais partícipes nas obras e interesados na subvención; o investimento total; o custo subvencionable; o importe total da axuda solicitada, así como as anualidades de execución; a porcentaxe de orzamento que se executará e a axuda que se xustificará en cada unha delas.
3. No modelo de solicitude deberán realizar as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Declaración responsable de que non se lle concedeu ningunha axuda de minimis. No caso de ter solicitado ou obtido axuda de minimis, deberá indicar cales e a súa contía.
c) Compromiso de comunicar inmediatamente calquera outra subvención que solicite e/ou obteña en réxime de minimis doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración, con indicación da súa contía.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos ditos artigos relativa á obriga de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social.
e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, co artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 9 do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración responsable de que a empresa a que se represente non está en crise, de acordo coa definición de empresa en crise que establece o punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, de ser o caso.
g) No caso de persoas xurídicas de natureza privada, declaración de que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.
h) Declaración responsable de que as obras non se iniciaron antes do 1 de febreiro de 2020 nin están rematadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.
i) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.
j) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Documentación complementaria .
1. As persoas e entidades interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa física ou xurídica de natureza privada ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
b) Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto do inmoble, no caso de que a solicitante sexa una persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.
c) Proxecto da actuación que se vai realizar ou, na súa falta, memoria xustificativa da actuación, que deberán contar coa conformidade da persoa beneficiaria. A documentación mínima desta memoria será a descrición da situación actual e das actuacións que se pretenden realizar, a xustificación do cumprimento da normativa, en particular, do CTE-HE, o orzamento desagregado por ámbitos de actuación e planos. Así mesmo, na documentación do proxecto da actuación ou na memoria xustificativa da actuación, segundo corresponda, incluirase o aforro de consumo de enerxía primaria non renovable estimado con respecto á situación inicial, o investimento subvencionable e a contía da axuda solicitada.
O proxecto ou a memoria deberán cumprir o establecido no punto 5 do ordinal sexto.
No caso de atoparse nun dos supostos de excepcionalidade total ou parcial do cumprimento da redución da demanda enerxética previsto nos puntos 3 ou 4 do ordinal sexto desta resolución, deberán xustificalo no dito proxecto da actuación ou na memoria técnica xustificativa da axuda e acreditalo cos documentos correspondentes.
d) Libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, dun estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un plan de actuacións en que se identifique a actuación proposta.
e) Certificado de eficiencia enerxética obtido considerando realizadas as actuacións previstas no proxecto, subscrito por unha persoa técnica competente, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado rexistrado no seu estado actual, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda. Con este certificado xuntaranse os arquivos de cálculo (.xml, .cee ou .hee, etc.) xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
f) Contrato ou oferta asinada e orzamento desagregado por partidas, medicións, prezos unitarios e totais, co IVE desagregado correspondente e a súa aceptación expresa por parte da persoas beneficiarias. Na folla resumo por capítulos deberán constar a sinatura e selo da empresa, o seu NIF e a data. As características das partidas deste orzamento deberán coincidir coas especificadas no proxecto ou a memoria, e coas descritas no certificado de eficiencia enerxética.
g) Copia de tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros en obras e/ou 15.000 euros en servizos e subministracións para o mesmo contratista ou provedor. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
h) Solicitude de licenza ou comunicación previa, segundo proceda, ou compromiso da súa presentación no prazo de tres meses dende a notificación da resolución de concesión da axuda. Se as obras están iniciadas, licenza urbanística ou comunicación previa cunha declaración responsable de que non foron requiridas polo concello para a súa emenda e, ademais, certificado do inicio das obras asinado pola persoa técnica titulada competente ou acta de implantación, asinada e datada pola persoa directora da obra e da empresa construtora e co visto e prace da propiedade.
i) Documentación acreditativa de que o inmoble está suxeito a algún nivel de protección de patrimonio cultural, se for o caso.
j) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, de todas aquelas zonas que se van ver afectadas polas actuacións de rehabilitación, así como da fachada principal do edificio.
k) Acordo entre as persoas arrendadora e arrendataria en que se faculte esta última para realizar ao seu cargo as actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda, no suposto de que a persoa beneficiaria sexa a arrendataria, de conformidade co previsto no punto 5 de ordinal cuarto, se for o caso.
l) No suposto das empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas previstas no punto 1.e) do ordinal cuarto, contrato vixente que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
m) Anexo II, de comprobación de datos das persoas partícipes e entidades nas obras e interesadas na subvención, para o caso do edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).
n) Anexo III, de certificado da persoa secretaria ou administradora do acordo da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, ou da asemblea da cooperativa, polo que se aproba a execución das obras de rehabilitación obxecto das axudas, onde conste o nomeamento da persoa representante autorizada para solicitar a subvención, de ser o caso.
ñ) Anexo IV, de certificado da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou declaración da comunidade de bens, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal onde se acorda a execución das obras, se nomea unha persoa representante da agrupación, con poderes bastantes, debendo especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención aplicable por cada un deles, de ser o caso.
o) Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no número 6 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. No caso de optar pola declaración responsable, axustarase ao contido do anexo V.
p) Anexo VI, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que poidan afectar o obxecto de xestión, e de ausencia de conflito de intereses en relación coa execución e actuacións do PRTR.
q) Anexo VII, de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR.
2. No caso de que se identifiquen, ao abeiro do ordinal oitavo, situacións de vulnerabilidade económica nas persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas e interesadas na axuda adicional, deberá presentarse coa solicitude, de ser o caso, a seguinte documentación:
a) Anexo VIII, de declaracións responsables e comprobación de datos das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas e das persoas integrantes das súas unidades de convivencia (deben presentarse tantos anexos VIII como persoas físicas interesadas na axuda adicional se sinalen nos anexos I ou II).
b) No suposto de que non presentase declaración do imposto da renda das persoas físicas ou perciba algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro. Xunto coa declaración responsable achegarase a seguinte documentación, de ser o caso:
– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
– Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social.
– Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
– Certificado da contía percibida pola renda de integración social de Galicia.
c) No suposto de ser nai xestante, certificado médico ou documentación acreditativa de tal estado.
d) Certificado acreditativo de adopción en trámite.
e) Certificado ou volante de empadroamento da persoa física solicitante e das persoas físicas interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia.
f) Certificado de discapacidade da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no caso de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. De acordo co punto anterior, ás persoas ou entidades que presentasen unha solicitude de subvención ao abeiro da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado, pola Unión Europea-NextGenerationEU, e lles fose denegada por esgotamento do crédito, sempre que non modifiquen os termos da dita solicitude e non tivesen rematadas as obras na data de publicación desta resolución, non terán que achegar coa nova solicitude a documentación complementaria xa presentada coa solicitude anterior. En todo caso, deberán indicar o número do expediente que figura na resolución de denegación notificada. Neste suposto, entenderanse válidas as declaracións responsables e as autorizacións de comprobación de datos contidas na devandita documentación complementaria.
No caso de tratarse de edificios de tipoloxía residencial colectiva, se se produciron cambios nas persoas partícipes e interesadas nas actuacións subvencionables, presentaranse os anexos II, III, IV e/ou VIII que correspondan.
Forma de presentación da documentación complementaria .
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presentase a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número do expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante, así como das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas e, de ser o caso, dos locais do edificio, partícipes nas obras e interesadas na subvención.
b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa xurídica de natureza privada ou da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.
d) NIF da entidade representante, de ser o caso.
e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento, no momento do pagamento da subvención, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, ou de sociedades cooperativas, que participen nas obras e estean interesadas na subvención.
f) Certificado catastral de titularidade correspondente á persoa solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, ou da sociedade cooperativa, que participen nas obras e estean interesadas na subvención.
g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou por agrupacións de persoas propietarias, por sociedades cooperativas ou pola persoa propietaria.
h) Consulta de bens inmobles da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas ou das comunidades de bens, que participen nas obras e interesadas na subvención.
i) Consulta de subvencións e axudas da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas ou das comunidades de bens, que participen nas obras e interesadas na subvención.
j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas ou das comunidades de bens, que participen nas obras e interesadas na subvención.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas ou das comunidades de bens, que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no suposto de que declarase atoparse no suposto de vulnerabilidade económica.
b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas, das comunidades de bens que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no suposto de que declarase atoparse en situación de vulnerabilidade económica.
c) Consulta das prestacións do Rexistro de prestacións sociais públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa solicitante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de que declarase atoparse en situación de vulnerabilidade económica.
d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (Risga) da persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas, das comunidades de bens que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no suposto de que declarase atoparse en situación de vulnerabilidade económica.
e) Importes da prestacións de desemprego percibidos pola persoa física solicitante ou, de ser o caso, das persoas físicas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, das sociedades cooperativas, das comunidades de bens que participen nas obras e interesadas na subvención, así como das persoas integrantes das súas unidades de convivencia, no suposto de que declarase atoparse en situación de vulnerabilidade económica.
f) Consulta de concesións de subvencións pola regra de minimis, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada que exerza actividades económicas ou comerciais.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas ou as entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas e entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Certificado da agrupación de persoas físicas e/ou xurídicas de natureza privada (Anexo IV)
- Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais (Anexo VI)
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (Anexo V)
- Declaración responsable de composición da unidadade de convivencia (Anexo VIII)
- Comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras (Anexo II)
- Declaración de cesión (Anexo VII)
- Certificado da persoa secretaria ou administradora co acordo da comunidade de persoas propietarias (Anexo III)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de anticipo (Anexo XI)
- [Xustif] Caso de exec. final comprobación de estar ao corrente de pagamento, no momento do pagamento da subvención (Anexo X)
- Acordo de cesión do dereito de cobramente da axuda (Anexo XII)
- Comprobación de datos no momento do pagamento (Anexo X)
- [Xustif] Comprobación de estar ao corrente de pagamento, no momento do pagamento da subvención (Anexo X)
- Comunicación da finalización parcial e final das actuacións (Anexo IX)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións do programa de infravivenda.
Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Participación no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.
Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos do IGVS.