Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AP400A
Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
A concesión de subvencions de bonos dixitais para colectivos vulnerables, segundo as bases establecidas na Resolución do 28 de xullo de 2022 da Directora da Amtega, así como a aprobación do formulario para a solicitude dos bonos (anexo I) e aprobación dos Anexos de documentación complementaria.
1. Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
2. Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se encontre en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional dalgún dos factores de exclusión establecidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nela.
b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Área de Sociedade Dixital
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957868
Fax: 981545274
Email: amtega@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
19/07/2023 00:00 - 15/12/2023 23:59
De conformidade ca Resolución do 27 de outubro de 2023 (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2023), amplíase o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, convocadas mediante Resolución do 4 de xullo de 2023, ata o 15 de decembro de 2023, incluído.
1. En calquera caso, as persoas beneficiarias deberán estar empadroadas e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.
3. Só se poderá conceder un bono dixital por persoa física e por unidade familiar. Entenderase por unidade familiar, segundo o establecido no artigo 82 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non-residentes e sobre o patrimonio:
a) A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese:
1.º Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes deles.
2.º Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
b) Nos casos de separación legal, ou cando non existise vínculo matrimonial, a formada polo pai ou a nai e todos os fillos que convivan cun ou outro e que reúnan os requisitos a que se refire a letra a) do artigo 5 desta resolución.
Solicitudes.
1. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes tamén presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes electrónicas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Recoméndase a presentación de solicitudes a través dun/dunha autorizado/a, como pode ser o/a traballador/a social do correspondente concello. Neste caso, o/a traballador/a social deberá achegar, xunto coa solicitude, a autorización para a presentación electrónica recollida no anexo V da convocatoria.
Documentación complementaria para a solicitude de bonos.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:
a) O anexo II debidamente cuberto e asinado polos membros computables da unidade familiar que non aparezan como persoa solicitante da axuda.
b) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (anexo III).
c) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (anexo IV).
d) De ser o caso, acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo se establece no artigo 8 das bases reguladoras.
e) De ser o caso, autorización ao traballador/a social para a presentación electrónica da solicitude (anexo V).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase anteriormente a persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos para a solicitude de bonos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Declaración do IRPF da persoa solicitante e demais membros computables da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.
d) No caso de non ter obriga de presentar a declaración do IRPF, comprobarase o nivel de renda.
e) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
f) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude de bonos.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao comezo do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os devanditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- (Anexo V) Autorización ao traballador/a social para a presentación electrónica da solicitude
- (Anexo IV) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR
- (Anexo III) Aceptación da cesión de datos entre as Administracións Públicas
- (Anexo II) Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar
- (Anexo I) Solicitude
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2022).
-
Extracto da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2022).
-
Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2023).
-
Resolución do 27 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano
Baixa en Chave365.
Aberto todo o ano