Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT814A
Axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos incluídos na Rede Natura 2000.
Procedemento dirixido a: Entidades locales
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, nos sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos da Rede Natura 2000 ou nas súas áreas de influencia socioeconómica. Este obxectivo levarase a cabo por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 de Galicia.
Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2022 e 2023 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MT814A).
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titular as persoas físicas ou xurídicas (agás sociedades mercantís, grupos de sociedades, agrupacións e unións temporais de empresas, cooperativas ou calquera outra entidade que exerza unha actividade económica) propietarias, arrendatarias ou xestoras de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000.
b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.
c) As asociacións ambientais e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Espazos Naturais
Servizo de Conservación de Espazos Naturais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Fax: 981547240
Email: dxcn.cmati@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184838
Fax: 981184836
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393/ 982294989
Fax: 982294539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Fax: 988386420
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
R/ Mª Victoria Moreno, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097/ 986805469
Fax: 986805436
Prazo de presentación: PECHADO
15/01/2022 00:00 - 14/02/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes (anexo I) será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Só se admitirá unha solicitude e proxecto por solicitante.
2. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación necesaria.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
1. Para toda persoa interesada:
a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións, que deberá conter, como mínimo, descrición de traballos ou actividades xustificando na ZEC ou ZEPA en que se vai traballar, a superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, relación valorada, planos de situación e detalle, orzamento detallado e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse como mínimo, os datos indicados no anexo III.
Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo de 15 días desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto.
c) Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables desde un punto de vista técnico-económico. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas xunto á solicitude de axuda.
As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
2º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, pouco formal…) de provedores reais e independentes, que estean o suficientemente detalladas e inclúan os mesmos elementos para seren comparables.
3º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.
d) Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.
e) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de non tratarse dun ben de interese cultural ou catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.
2. Deberá presentarse, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa solicitante:
a) No caso de que a persoa solicitante non sexa o/a titular da propiedade, certificación da persoa titular da súa dispoñibilidade.
b) No caso de persoas arrendadoras, documento que acredite esa condición.
c) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza á xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da devandita lei.
d) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e documento que acredite a condición da entidade como xestor das terras para as cales se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato de alugueiro,...). Comprobarase de forma interna a inscrición no Rexistro de asociacións.
e) No caso de concellos, certificación expedida pola persoa titular de secretaría do Concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.
f) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Consulta de datos de residencia con data da última variación no padrón.
d) Certificación da titularidade catastral do predio.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
g) Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias achegadas pola persoa solicitante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente :
a) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada.
b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta de:
a) NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.
b) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria técnica das actuacións (Anexo III)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 2 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos, as persoas físicas e as entidades (asociacións e comunidades de montes veciñais en man común) beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2022).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
-
Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.
-
Regulamento 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemeno rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.
-
Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013.
-
Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.
Aberto todo o ano
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Aberto todo o ano
Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.
Aberto todo o ano
Subvencións aos concellos e ás entidades locais menores destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.
Prazo aberto: 06/03/2026 09:00 - 31/07/2026 14:00