Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR351A
Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réxime asociativo en Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2022.
Esta axuda ten como finalidade:
i. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
ii. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
iii. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Código do procedemento: MR351A.
Unicamente poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:
• Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.
• Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
• Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
• SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997215/ 981540053
Fax: 981546892
Prazo de presentación: PECHADO
31/08/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
1. Deberán ter un mínimo de 4 socios, excepto nas SAT de fusión que deben ter un mínimo de 3.
2. Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade. No caso das cooperativas agrarias que teñan como obxecto social único a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común (CUMA), todas as explotacións estarán situadas dentro dun radio de acción de 20 km.
3. Tanto as explotacións agrarias como as cooperativas agrarias ou as sociedades agrarias de transformación deberán estar inscritas nos correspondentes rexistros oficiais.
4. Establécese un investimento mínimo subvencionable de 20.000 € e un máximo de 250.000 €. No suposto de cooperativas procedentes de fusión e con máis de 1.000 socios o límite máximo será de 600.000 €.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e na oficina virtual do órgano convocante que, de ser o caso, se indique no punto 10.c) do cadro de especificacións.
De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria
1. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria da actuación, conforme os requisitos previstos no punto 11.a) do cadro de especificacións.
b) As empresas que non figuren inscritas no Rexistro Mercantil presentarán a documentación acreditativa da súa válida constitución e do poder de representación das persoas que actúen no seu nome.
c) No caso de persoas traballadoras autónomas societarias, a documentación que acredite a participación en máis do 25 % da persoa solicitante na entidade.
d) A demais documentación indicada no punto 11.b) do cadro de especificacións.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola empresa ou pola persoa traballadora autónoma interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de mediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa nos supostos en que o consentimento sexa un requisito legal.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á empresa ou á persoa traballadora autónoma a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, o que deberá ser especificado no punto 11.c) do cadro de especificacións, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 11.c) do cadro de especificacións.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa representante.
d) Domicilio fiscal da entidade ou persoa traballadora autónoma solicitante.
e) Constitución, estatutos e a información sobre as persoas que actúen na súa representación, no caso de solicitantes inscritos no Rexistro Mercantil.
f) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade e da persoa traballadora autónoma solicitante.
g) Se é o caso, vida laboral da persoa traballadora autónoma solicitante.
h) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
j) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
k) Os indicados no punto 12.a) do cadro de especificacións.
2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, da persoa traballadora autónoma ou da persoa representante para realizar a consulta.
As empresas, as persoas traballadoras autónomas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo II e achegar os documentos pertinentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:
a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 12.b) do cadro de especificacións.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
1. Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 13.a) do cadro de especificacións.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2022).
-
Extracto da Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2022).
-
Resolución do 4 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención da Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59