Guía de procedementos e servizos

IF319A

Adhesión ás axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 18/07/2022 00:00 - 31/08/2022 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IF319A) e convocalas para a anualidade 2022.

Persoas físicas como xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544581

Email: ebici.mobilidade@xunta.gal

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

18/07/2022 00:00 - 31/08/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde e finalizará o 31 de agosto de 2022.

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable establecida no artigo 3 desta Orde e estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia .

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas  en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de final do prazo de presentación de solicitudes.

- Solicitude segundo o Anexo I.

- Documentación que acredite a representación con que se actúa.

- Convenio de colaboración (anexo V) debidamente asinado pola entidade colaboradora.

- Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que las persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e xuntar unha copia dos documentos. 

- DNI/NIE da persoa representante.

- Certificado de estar ao día do pago coa Seguridade Social.

- Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

10 días hábiles desde a presentación da solicitude

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022 (DOG nº 135 do 15 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022 (DOG nº 135 do 15 de xullo de 2022).

    • Orde do 9 de setembro de 2022 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022 (DOG nº 182 do 23 de setembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano