Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT500B
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A presente orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas a través dos bonos culturais, e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT500B).
Finalidade.
O obxectivo do programa Bono Cultura é incentivar a demanda cultural, axudando economicamente ás persoas consumidoras, e fomentar o consumo nos establecementos culturais adheridos á campaña.
Ademais, o programa ten como finalidade propiciar o fortalecemento do sector cultural, dinamizar a actividade dos establecementos de carácter cultural e reducir o impacto económico marcado primeiro pola pandemia e agora polo contexto económico de suba de prezos.
Actividade subvencionable.
Pola presente orde subvenciónase a través dos bonos culturais, nos establecementos de Galicia adheridos ao programa, a compra de produtos culturais, a adquisición de música gravada en formato CD, vinilo etc., de material audiovisual en formato físico, de libros, de videoxogos, de entradas para salas de cine, para concertos de música e para espectáculos escénicos; de entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo etc.); e para a adquisición de calquera outro tipo de ben cultural.
Quedan expresamente fóra do programa os produtos de papelería; os equipos, software e consumibles de informática e electrónica; os xogos de calquera tipo; e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario.
As vendas subvencionadas serán as realizadas ata o 31 de decembro de 2022 e dende a data fixada para o lanzamento dos bonos (2 de novembro de 2022).
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 50 euros por usuario para as compras nos establecementos adheridos.
O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo co seguinte criterio:
- Desconto do 50% da compra realizada ata un máximo de desconto de 50€.
As contías enténdense co IVE incluído.
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Servizo de Promoción da Cultura
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544856
Email: secretaria.xeral.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/11/2022 00:00 - 31/12/2022 23:59
Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 2 de novembro de 2022 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2022.
Mediante orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderase modificar a dita data se razóns organizativas, sanitarias ou doutra índole así o aconsellan, do cal se dará a oportuna publicidade.
Presentación da solicitude dos bonos.
1. Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta na web https:// www.bonocultura.gal, á cal se poderá acceder desde a sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, e indicar a seguinte información:
a) Nome e apelidos.
b) Localidade de residencia en Galicia (código postal).
c) Maioría de idade.
d) DNI ou NIE.
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.
2. O uso da páxina web e a descarga dos bonos suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da cal serán informados convenientemente.
3. Os usuarios deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Dirección Xeral de Cultura poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
4. Así mesmo, os usuarios deberán declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e a Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
5. Opcionalmente, o bono poderase solicitar presencialmente na Dirección Xeral de Cultura e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A persoa interesada, ou o seu representante, poderá autorizar expresamente aos empregados públicos para a solicitude e obtención do bono en formato papel. Neste suposto deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.
Sistema de funcionamento dos bonos.
1. A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web: https://www.bonocultura.gal e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet.
2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos aos consumidores e usuarios, os titulares dos establecementos terán que descargar no seu móbil a APP correspondente.
3. No momento da compravenda, o titular do establecemento terá que introducir na APP o importe e concepto da venda, automaticamente aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, o usuario deberá mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
Data de activación dos bonos.
Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 2 de novembro de 2022 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2022.
Mediante orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderase modificar a devandita data se razóns organizativas, sanitarias ou doutra índole así o aconsellan, dándose a oportuna publicidade.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).
-
Extracto da Orde do 7 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano