Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT110C
Axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2022 (código de procedemento CT110C).
Actividades subvencionables.
1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización das seguintes actuacións e actividades:
a) Inventario, catalogación e/ou documentación gráfica ou audiovisual en soporte dixital dos fondos materiais e inmateriais que compoñen as coleccións.
b) Adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos museográficos e documentais do centro na exposición permanente ou nas áreas de reserva.
c) Actualización da exposición permanente nos contidos do seu discurso ou na súa museografía, incluíndo o desenvolvemento e produción de contidos complementarios audiovisuais e multimedia, audioguías ou recursos documentais doutro tipo postos a disposición do público nas salas para mellorar o acceso aos fondos.
d) Organización de exposicións temporais acordes co ámbito territorial e/ou temático do centro.
e) Realización de actividades didácticas e lúdico-culturais relacionadas co ámbito temático do centro.
f) Creación ou renovación da páxinas web do centro.
g) Traballos de investigación sobre o patrimonio material e inmaterial relacionado coas súas coleccións ou co ámbito temático do centro.
h) Traballos de edición e tradución de publicacións científicas e divulgativas sobre as coleccións ou o ámbito temático do centro en calquera soporte en forma de catálogos, monografías, publicacións periódicas, folletos, produtos audiovisuais e multimedia.
i) Elaboración de documentos e estudos para a mellora e a innovación na xestión: Plans museolóxicos, cartas de servizos, estudos de público, elaboración de plans de comunicación e márketing cultural, diagnósticos previos e planificación de medidas en favor da igualdade de mulleres e homes, así como medidas para a inclusión na xestión interna e na programación de actividades do museo.
Gastos subvencionables.
1. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan indubidablemente á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realícen no prazo establecido nesta convocatoria e na resolución de concesión ou nas súa posibles modificacións.
Cando o importe do gasto subvencionado supere os custos previstos no artigo 29.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a tres proveedores diferentes.
En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.
2. Os custos indirectos só serán subvencionables se se imputan pola entidade beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo coas normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se executou a actividade. En todo caso, deberán ser incluídos como tales e cuantificados no orzamento de gastos previstos presentado coa solicitude e deberán ser xustificados.
3. Non serán gastos subvencionables os seguintes gastos:
a) O importe do IVE cando sexa susceptible de recuperación ou compensación. Neste suposto, a cantidade imputable como gasto será a correspondente á base impoñible dos gastos xustificados. No caso das facturas de autónomos, o gasto subvencionable será a base impoñible ou o total, segundo o caso, pero en todo caso sen aplicar a retención do IRPF, por ser un gasto que o beneficiario realiza ao aboalo a Facenda.
b) Os gastos consistentes en investimentos en inmobilizado material que teñan por obxecto a ampliación, mellora, rehabilitación ou conservación do inmoble.
c) Gastos asociados a profesionais que non imputen horas directamente á actividade obxecto da subvención.
Entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
Cidade da Cultura, Monte Gaias s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545934
Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/01/2022 00:00 - 21/02/2022 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:
a) Fundacións ou Padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.
b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, nas partidas de gasto correspondentes á consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
1. Só se admitirá unha solicitude por entidade beneficiaria, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como Anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das entidade interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa da actuación ou actividade segundo o modelo que figura como Anexo II indicando de forma expresa:
1º Actuación ou actividade para a que se solicita subvención, segundo o artigo 5.
2º Xustificación xeral da actividade proposta: obxectivos xerais e obxectivos específicos.
3º Descrición pormenorizada da actividade: formato, contido, público ou persoas destinatarias da actividade, recursos humanos implicados (número, cualificación e experiencia, se é persoal propio ou externo), linguas utilizadas e cronograma de execución, así como outros aspectos técnicos que se consideren relevantes.
4º No seu caso, descrición pormenorizadas da colaboración e identificación dos centros museísticos que participan na execución da actividade.
5º No seu caso, xustificación da inclusión de elementos para favorecer a igualdade de mulleres e homes.
6º No seu caso, xustificación da inclusión de elementos para a accesibilidade e o deseño universal.
b) Orzamento desagregado (IVE excluído) e detallado da actuación ou actividade que inclúa a previsión de gastos previstos así como a cantidade que se solicita segundo o Anexo III.
c) Relación doutras solicitudes de subvención solicitadas para o mesmo obxecto e situación na que se atopan, segundo figura no Anexo I.
d) Documentación acreditativa ou compromiso de fomalización da existencia dunha rede.
e) Adicionalmente, poderanse achegar outros documentos complementarios para ampliar ou ilustrar a información contida nos datos do proxecto, a modo de anexo, cando conteñan arquivos como imaxes, táboas, follas de cálculo, gráficos, vídeos, etc
f) Acreditación da representación, de ser o caso
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta::
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa ATRIGA.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG nº 242 do 1 de decembro de 2020).
-
Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 14 do 21 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 14 do 21 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se procede á publicación da resolución das entidades beneficiarias e do importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 27 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o 2022 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 21 de xaneiro) (DOG nº 86 do 4 de maio de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano