Guía de procedementos e servizos

VI422F

Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 23/03/2021 00:00 - 30/04/2021 23:59

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.

Bases reguladoras

Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (código de procedemento VI422F) (DOG nº 5 do 11 de xaneiro de 2021).

Actuacións subvencionables

1. Considerarase actuación subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén serán subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras incluiranse os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes ás obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria. Exceptúanse as facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a aprovisionamentos de material previos e/ou a pagamentos anticipados en que a execución de obra se realice, igualmente, no ano natural en que se publique a resolución de convocatoria.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia.

Obrigas dos concellos beneficiarios

Os concellos beneficiarios terán as obrigas recollidas no ordinal décimo noveno da resolución pola que se aproban as súas bases reguladoras deste programa.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Fax: 981541902

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184824

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro nº 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294600

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

R/ Antonio Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386273

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

R/ Alcalde Hevia, 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/03/2021 00:00 - 30/04/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o día 30 de abril de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data de publicación da presente convocatoria.

b) Contar cun número de demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello, cando menos igual ao de vivendas para as que se solicita a axuda.

c) Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano desta convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Solicitudes e documentación complementaria.

1. A solicitude realizarase conforme ao formulario que se incorpora como anexo XV desta resolución (código de procedemento VI422F). Deberá dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) onde estea situada a edificación ou a vivenda.

2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.

3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da Alcaldía ou a persoa en que esta delegue.

4. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se acompaña á solicitude.

b) Certificado da secretaría municipal no que se acredite que a edificación ou a vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal e de que se cumpren os requisitos recollidos no artigo cinco das bases reguladoras.

c) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar na edificación ou na vivenda. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:

- Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal relativo á localización da edificación ou da vivenda, ao ámbito no que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe conterá unha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e unha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.

- Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución. Este calendario é necesario para establecer o reparto das anualidades no momento da concesión da subvención.

- Informe do/a técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF do concello.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo XV (código de procedemento VI422F) e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso do concello interesado para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou entidade interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (código de procedemento VI422F) (DOG nº 5 do 11 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (DOG nº 54 do 22 de marzo de 2021)

    • Extracto da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (DOG nº 54 do 22 de marzo de 2021)

    • Resolución do 5 de agosto de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2021.(DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).

    • Resolución do 2 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2021 (DOG nº 48 do 10 de marzo de 2022).

    • Resolución do 18 de novembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (DOG nº 227 do 29 de novembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano