Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR265B
Autorización e axuda para a subministración de produtos aos centros escolares
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia, de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas nesta resolución.
Período de subministración, calendario de distribución e racións.
1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:
1º. período: de novembro de 2021 a febreiro de 2022 (ambos incluídos).
2º. período: de marzo a xuño de 2022 (ambos incluídos).
A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante dez (10) días lectivos consecutivos.
A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante un mínimo de vinte (20) días lectivos consecutivos.
2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:
a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.
b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.
Poderán solicitar a axuda os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2 desta resolución, que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia e reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540071/ 981540079
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294454
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386942
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805442
Fax: 986805569
PROCESO DE SOLICITUDE - AXUDA
- Acceder á aplicación informática de gravación de datos relativos á repartición de produtos, por centro escolar, a través da seguinte ligazón: LEFRES.
- Entrar na pestana "DISTRIBUCIÓN"
- Gravar os datos relativos ao subministro
- Cargar o ficheiro de distribución e anexar a documentación
- Entrar na sede electrónica (neste mesmo procedemento MR265B)
- Cubrir os datos do anexo II (botón "tramitar en liña") de solicitude de axuda
- Achegar, xunto coa solicitude de axuda, o XUSTIFICANTE DE DOCUMENTO DE DISTRIBUCIÓN obtido na aplicación informática no paso de anexar documentación
- Asinar a solicitude e obter o xustificante do rexistro
Prazo de presentación: PECHADO
16/07/2021 00:00 - 20/09/2021 23:59
Aqueles que queiran participar no programa escolar solicitarán a axuda ata o 20 de setembro de 2021 (incluído) e asumirán os correspondentes compromisos, segundo o disposto no artigo 8.1 desta resolución.
1. Para poder participar no programa escolar as persoas solicitantes deberán estar autorizadas nos termos establecidos no artigo 7 desta resolución, e asumir os compromisos que figuran no anexo II.
2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no programa no curso escolar 2021/22, de acordo co establecido nesta resolución.
A participación poderá ser suspendida por un período de un a doce meses, ou retirada, pola Dirección do Fogga, en calquera momento atendendo á gravidade da infracción, polo incumprimento dalgún dos compromisos asumidos pola persoa declarante ou pola existencia de irregularidades, logo de ponderar as circunstancias que concorran en cada caso. No suposto de retirada, transcorrido un período mínimo de, polo menos, doce meses, poderá concederse unha nova autorización, por instancia da persoa interesada, logo de valorar os antecedentes que motivaron a retirada da anterior.
3. Non poderá concedérselles a axuda a aqueles que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.
4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos, que contén o anexo II desta resolución.
5. A ordenación e a instrución deste procedemento corresponderá á Subdirección Xeral de Xestión da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).
Presentación e tramitación da solicitude de autorización e axuda (código de procedemento MR265B).
1. As persoas solicitantes de axuda que pretendan participar no programa deberán ser autorizadas pola dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Para estes efectos, presentarán o anexo II desta resolución no prazo establecido no capítulo II. Empregarase un modelo de anexo II para froitas frescas e castañas e outro para leite.
Previamente á presentación da solicitude, a persoa solicitante da axuda gravará na aplicación informática que o Fogga habilitará para estes efectos os datos relativos á repartición de produtos.
Rematada a gravación, a aplicación xerará un código de peche que será imprescindible para cubrir o anexo II de solicitude de autorización e axuda.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No caso de que os importes solicitados superen a contía das dispoñibilidades orzamentarias dun programa, estas distribuiríanse proporcionalmente tomando como referencia a media do importe por alumno e día na totalidade de solicitudes e tendo en conta que non se adxudicará a cada solicitante máis importe que o solicitado.
4. Unha vez efectuados os controis pertinentes, os servizos territoriais do Fogga validarán, a través da aplicación informática creada para esta xestión, as solicitudes presentadas, para que a Dirección do Fogga dite a correspondente resolución no prazo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes. Entenderanse estimadas por silencio positivo aquelas solicitudes de autorización que non sexan resoltas e notificadas no dito prazo e desestimadas por silencio negativo as solicitudes de axuda.
5. As persoas solicitantes da axuda que foron aprobadas deberán comunicarlle ao Fogga, previamente á repartición dos produtos calquera modificación que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda (supresión dun dos dous períodos de repartición previstos, cambio da data de inicio da distribución, etc.).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II-A de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de froitas frescas e castañas).
b) Anexo II-B de aceptación de compromisos e certificación de datos do centro escolar (para o grupo de produto de leite líquido de consumo).
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma.
e) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias co Estado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2021/22 (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2021/22 (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.
Aberto todo o ano
Participación no Programa Escolar.
Prazo pechado: 19/07/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
Pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Prazo pechado: Consultar as datas