Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED534A
Inscrición para a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.
Realización da proba.
1. A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
2. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.
Estrutura da proba.
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro partes:
a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).
d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.
2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:
a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:
1. Física e Química e Física.
2. Física e Química e Química.
3. Debuxo Técnico I e II.
Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:
1. Economía e Economía da Empresa.
2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
3. Grego I e II.
c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida.
Para modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:
1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.
2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.
Organización da proba.
1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
2. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:
Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.
Parte 2, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).
Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.
3. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:
Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.
Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia de Filosofía.
4. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
d) Na materia de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, regra, escuadro ou cartabón.
5. As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540289
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2021 00:00 - 10/03/2021 23:59
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.
Lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición.
1. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
4. Cando proceda, xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
b) Certificado de residencia no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II por cumprir as condicións previstas na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
c) Certificacións académicas ou copia simple do libro de escolaridade e/ou historial académico que acrediten estar en condicións de validar algún exercicio da proba. No momento da presentación, e para os efectos de cotexo das ditas copias cos documentos orixinais, estes últimos deberán ser mostrados polas persoas interesadas.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa aspirante.
b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2012).
-
Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 4 do 5 de xaneiro de 2017).
-
Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano