Guía de procedementos e servizos

CT500C

Adhesión das entidades e os establecementos culturais ao Bono Cultural.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 19/10/2021 00:00 - 18/11/2021 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Por medio desta orde procédese á apertura do prazo de adhesión dos establecementos culturais interesados (código de procedemento CT500C).

Finalidade.

O obxectivo do programa bonos culturais é incentivar a demanda cultural, axudando economicamente ás persoas consumidoras, e fomentar o consumo nos establecementos culturais  adheridos á campaña.

Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector cultural; dinamizar a actividade dos establecementos culturais; mellorar o fondo de manobra dos establecementos culturais; e reducir o impacto económico derivado do cesamento e das restricións da actividade de determinados establecementos culturais  como consecuencia da situación ocasionada pola COVID-19.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Servizo de Promoción da Cultura

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544856

Email: secretaria.xeral.cultura@xunta.gal

https://www.bonocultura.gal

Desde o resto do Estado: 902120012

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/10/2021 00:00 - 18/11/2021 23:59

O prazo para adherirse ao programa será de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1. Os establecementos culturais que desexen adherirse ao programa bonos culturais deberán rexistrarse a través da web https://www.bonocultura.gal, á cal se poderá acceder desde a sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, e indicar a seguinte información:

Nome e apelidos ou razón social.

Establecemento en Galicia.

NIF

Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.

Nome comercial

IAE (incluído no anexo I).

Enderezo do establecemento.

Número de teléfono móbil.

Correo electrónico.

IBAN da conta bancaria.

Páxina web do establecemento.

2. Poderán adherirse ao programa bonos culturais os establecementos que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

- Persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda ao/á consumidor/a de produtos e bens culturais.

- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia reunindo as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

- Centros ou locais públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural (salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, etc.).

- Museos, casa-museo ou asimilados tanto de titularidade pública como privada.

- Asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais.

Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde, no caso de establecementos privados.

3. A alta e o uso da aplicación polos establecementos suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da cal serán informados convenientemente.

4. O nome comercial e localización dos establecementos adheridos ao programa bonos culturais  farase público na web https://www.bonocultura.gal.

5. Os titulares dos establecementos adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos dos titulares dos establecementos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo e achegar os documentos.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta, para consultar:

a) NIF da entidade solicitante.

b) No seu caso, certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (DOG nº 200 do 18 de outubro de 2021).

    • Extracto da Orde do 8 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (DOG nº 200 do 18 de outubro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano