Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN854A - Axudas do Programa Industrias do Futuro 4.0
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2020, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN854A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Actividades subvencionables
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e de procesos, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo anterior da presente resolución.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento legalmente constituído, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución.
As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.
c) Agrupacións entre unha grande empresa e unha ou varias pemes que, en ambos os casos, deberán pertencer ao sector industrial, ou a aqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0
No caso de agrupacións, as empresas que a integren deberán ter as características indicadas no punto 1.a) deste artigo.
2. Os organismos de investigación, ademais de cumpriren os requisitos da definición incluída no artigo 2, só poderán ser beneficiarios se desenvolven un proxecto en colaboración cunha empresa no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente en Galicia.
Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na presente convocatoria e na resolución de concesión e no documento en que se establecen as condicións da axuda.
b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases da presente convocatoria e na normativa reguladora das subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión e o desfrute da subvención.
c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.
d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.
e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano que concede, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
f) Comunicarlle ao órgano que concede a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
g) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma e realizar en Galicia as actividades susceptibles de obter axuda por medio da convocatoria.
h) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable supoñerá a non admisión das cantidades desviadas.
i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances do proxecto que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación», así como cofinanciado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
j) Realizar un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de 2 meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; outro na metade da súa execución e un terceiro no momento da súa finalización para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase como máximo 3 meses despois da finalización do proxecto. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións do proxecto.
k) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:
1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».
2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición do proxecto no seu sitio da internet, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.
3. Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo na entrada dun edificio, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
4. No caso de persoal de nova contratación para o proxecto, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao acrónimo do proxecto e á presente convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, o beneficiario deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos.
l) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigos 125.4 e 140.1 do Regulamento 1303/2013).
m) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens susceptibles de inscribirse nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes aspectos de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.
n) Informar do nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a actuación 1.2.1.6, que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. No caso de proxectos en cooperación será a entidade líder da agrupación a responsable de achegar estes datos.
o) Co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos na presente convocatoria, instrumentarase un plan de seguimento ex post dos proxectos subvencionados no marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia. O dito plan estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias como consecuencia da súa participación na presente convocatoria, así como o seu nivel de satisfacción co instrumento.
Para tales efectos, ao finalizar o proxecto, os beneficiarios deberán presentar, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, un cuestionario sobre os indicadores de seguimento do proxecto debidamente cuberto. Posteriormente, tratarase dun xeito agregado a información recompilada co fin de avaliar o impacto da convocatoria e elaborar unha análise estatística detallada acerca dos seus principais resultados e efectos.
p) No caso de organismos de investigación deberán contar cunha contabilidade separada de actividades económicas e non económicas.
q) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 40.m) desta resolución.
r) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.
Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n, Conxo
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957303/ 981957872/ 881999355
Email: axudas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 173 do 27 de agosto de 2020).
Extracto da Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 173 do 27 de agosto de 2020).
Resolución do 27 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A) (Diario Oficial de Galicia número 173, do 27 de agosto) (DOG nº 241 do 30 de novembro de 2020).
Corrección de erros. Resolución do 27 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A) (Diario Oficial de Galicia número 173, do 27 de agosto) (DOG nº 245 do 4 de decembro de 2020).
Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 14 de agosto de 2020 (DOG nº 45 do 8 de marzo de 2021).
Corrección de erros. Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 14 de agosto de 2020 (DOG nº 68 do 13 de abril de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
01/12/2020 00:00 - 30/12/2020 23:59
Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes a esta cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 que será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución do 27 de novembro de 2020 no Diario Oficial de Galicia nº 241 do 30 de novembro de 2020.
1. No caso de proxectos en cooperación, cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I. Desta presentación resultará un número de rexistro, que deberá facilitar á empresa líder. Posteriormente a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude (anexo I) . Para efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.
2. Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.
3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo.
1. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas á empresa solicitante, no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes no caso de proxectos en cooperación:
1º. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan para formulala son certos e acepta as condicións e obrigas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 recollidas nesta resolución.
3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).
4º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.
5º. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
6º. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.
7º. Declaración responsable de que non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
8º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.
9º. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).
10º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
11º. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.
12º. Declaración responsable de que no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 40.m) desta resolución.
13º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
14º. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
15º. Declaración responsable de que se conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigos 125.4 e 140.1 do Regulamento 1303/2013).
16º. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
17º. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.
2. Xunto coa solicitude (anexo I) deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia un exemplar da documentación que a continuación se relaciona distinguindo a documentación xurídico-administrativa e a documentación técnica.
a) Documentación xurídico-administrativa:
1º) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, verificado polo/a letrado/a da Xunta de Galicia, no caso de que se opoña á súa consulta tal e como se indica no artigo 24.d). Para os apoderados de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, deberá presentarse este poder en todo caso.
2º) Contrato/s subscrito/s de subcontratación con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as dúas partes.
3º) Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (anexo III). No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do DNI/NIE deberán indicalo no recadro correspondente habilitado neste anexo e achegar o documento.
4º) Copia da resolución de concesión no caso de ter concedida algunha axuda.
5º) Modelo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo IX). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
6º) Modelo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo X).
7º) Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante (anexo XI).
Ademais, no caso de proxectos en cooperación:
8º) Declaración de conformidade de participación no proxecto asinada polo/s representante/s de cada unha das entidades da agrupación outorgando ao líder do proxecto a autorización para canalizar a súa relación coa Administración, segundo o anexo II .
9º) A empresa líder da agrupación presentará tamén o acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación co contido mínimo sinalado no artigo 5.5 desta resolución.
b) Documentación técnica:
1º) Memoria do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo V (en formato pdf, máximo 3 MB). Nesta memoria deberá incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicarase o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material ou, se for o caso, o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.
2º) Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.
c) Outra documentación.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, os interesados deberán indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentaron os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polos interesados, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao interesado a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algún dos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.
d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente. Esta consulta poderá facerse nos casos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado. Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por estas vías, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil e terá que achegarse a correspondente documentación pública verificada polo/a letrado/a da Xunta de Galicia.
e) DNI/NIE do/dos socio/s mancomunado/s. No caso de que os representantes mancomunados sexan persoas xurídicas, comprobarase o NIF.
f) DNI/NIE das persoas do equipo investigador e do/da titor/a ou representante legal no caso de menores de idade.
g) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios do equipo investigador.
h) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses do equipo investigador.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e nos anexos III e X, segundo corresponda, e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración relativa á condición de peme (Anexo IX)
- Comprobación de datos do equipo investigador (Anexo X)
- Declaración de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor da persoa representante da agrupación (Anexo II)
- Comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (Anexo III)
- Memoria técnica do proxecto (Anexo V)
- Autorización das persoas socias mancomunadas a favor da persoa representante da entidade solicitante (Anexo XI)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas do Programa Conecta Peme.
Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.