Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT233A
Bolsas de formación en biblioteconomía.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e convócanse bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e o coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
2. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia, e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia (código de procedemento CT233A).
3. Os bolseiros recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).
Serán coordinados e dirixidos pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través do persoal técnico debidamente cualificado e designado para tal efecto por aquela.
4. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por persoal técnico bibliotecario.
Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999773/ 881995089
Fax: 981544887
Prazo de presentación: PECHADO
11/02/2020 00:00 - 10/03/2020 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.
– Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.
– Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
– Non se ter beneficiado anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia.
– Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
– Ter cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
– Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se encontren nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
As persoas potencialmente beneficiarias das axudas reguladas nesta orde pertencen a colectivos de persoas físicas cuxa formación e capacidade técnica permiten concluír que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para se relacionaren por este medio co sector público autonómico.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes presentaranse no formulario normalizado anexo I. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.
3. As persoas solicitantes deberán indicar no citado formulario normalizado anexo I, no recadro habilitado para o efecto, a listaxe completa de destinos convocados en que se desenvolverá o período de formación, ordenados segundo a súa preferencia.
Non indicar por orde de preferencia a totalidade dos destinos nos cales se desenvolverá a formación suporá que a Dirección Xeral de Políticas Culturais lles adxudicará unha das prazas dos destinos convocados e non solicitados por outros beneficiarios da bolsa.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Copia da certificación académica oficial completa, na cal deberá constar a nota media do expediente académico da titulación.
– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
c) Estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
d) Estar ao día no pagamento das débedas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2020).
-
Resolución do 9 de xullo de 2020 pola que se anuncia a adxudicación de trinta e tres bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios, convocadas pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro). (DOG nº 145 do 21 de xullo de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano