Guía de procedementos e servizos

VI482B

Prórroga do bono de aluguer do Plan RehaVIta.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A prórroga das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

As persoas beneficiarias do Bono de Alugueiro Social.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386579

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

1. As persoas beneficiarias deste programa e que non perderan o dereito mediante a oportuna resolución, poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, de ser o caso, extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, de ser o caso, das prórrogas que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte. /

2. As persoas que xa tivesen desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos, á data da publicación desta convocatoria, poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous (2) meses, contados desde a publicación desta resolución.

Todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución, poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, de ser o caso, extraordinaria, da axuda do bono de alugamento social dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, de ser o caso, das prórrogas que estea percibindo. Para tal efecto, deberán presentar, de conformidade co artigo 7 parágrafos 2 e 3, a solicitude de prórroga que figura incorporada á correspondente resolución de convocatoria.

  • Solicitude segundo o Anexo VI, acompañada da seguinte documentación:

    • Anexo II de comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia.

    • Informe dos Servizos Sociais do concello no que está empadroada a persoa solicitante, se é o caso, conforme ao modelo recollido no  anexo IV, no que se faga constar que subsisten as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como os ingresos da unidade de convivencia dos tres meses anteriores á data da solicitude de prórroga.

    • Anexo V, de declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou subministracións.

    • Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de empadroamento.

  • Datos catastrais.

  • Certificación de titularidade da D.X. do Catastro.

  • Estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.

  • Estar ao día de pagamento coa Atriga.

  • Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

  • MARQUE NO ANEXO VI O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN

    • Permiso de residencia legal de persoas estranxeiras.

    • Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permíteselles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2019).

    • Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2019)

    • Orde do 16 de decembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 248 de 31 de decembro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI409C

Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano