Guía de procedementos e servizos

VI408K

Participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 11/06/2019 00:00 - 10/07/2019 23:59

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para a participación no programa fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.

2. Así mesmo, por esta orde se abre o prazo de presentación de solicitudes  e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.

Poderán participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural os concellos que teñan algunha ARI declarada no seu termo municipal. O Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá establecer para este programa limitacións á participación dos concellos respecto das súas áreas de rehabilitación integral que xa obtivesen financiamento con cargo a convocatorias anteriores deste programa no ámbito do Plan de vivenda 2018-2021.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Fax: 981541927

Email: sx.igvs@xunta.gal

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/06/2019 00:00 - 10/07/2019 23:59

Os concellos interesados en participar neste programa no ano 2019 deberán presentar a súa solicitude nun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

- Poderán participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural os concellos que teñan algunha Área de rehabilitación integral (en diante, ARI) declarada no seu termo municipal que non obtivese financiamento con cargo a convocatorias anteriores deste programa no ámbito do Plan de vivenda 2018-2021 ou que, tras obter financiamento, xa o tivesen totalmente comprometido con cargo ás súas anteriores convocatorias.

- A participación dos concellos axustarase ao punto II. Participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural da Resolución do 3 de agosto de 2018 (Diario Oficial de Galicia, núm. 156, do 17 de agosto), coas modificacións introducidas por esta resolución.

Os concellos deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a participación neste programa e do compromiso do concello de actuar como entidade xestora das actuacións, logo da sinatura do correspondente acordo específico.

b) Anexo II, relativo á oficina municipal de rehabilitación, no cal se relacionará o persoal adscrito á oficina, os locais, os medios materiais e outros recursos empregados no desenvolvemento das tarefas da oficina municipal de rehabilitación.

c) De ser o caso, certificado do persoa titular da Secretaría municipal do Concello de que a ARI para a cal se solicita a participación non obtivo financiamento con cargo a convocatorias anteriores deste programa no ámbito do Plan de vivenda 2018-2021 ou que, tras obter financiamento, xa o tivesen totalmente comprometido con cargo ás súas anteriores convocatorias.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

a) Número de Identificación Fiscal do concello.

b) Documento Nacional de Identidade ou Número de Identidade de Estranxeiro da persoa que ostente a titularidade da alcaldía ou da persoa en quen delegue.

c) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que o concello non ten pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Certificación de ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais de cada exercicio.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase as obtencións dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados que presenten os documentos correspondentes

Forma de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición dos concellos unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán do concello interesado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Aplícase a Lei 39/2015.

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa (DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018).

    • Resolución do 31 de maio de 2019 pola que se modifica a Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018–2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa, e pola que se convoca a participación neste programa para a anualidade 2019 (DOG nº 108 do 10 de xuño de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI409C

Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano