Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200A
Axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2019/20.
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2019/20
Clases e contías das bolsas.
1. As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
2. Segundo a contía, establécense dúas modalidades:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, distribuiranse nos seguintes grupos:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso do diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2019/20.
Obrigas das persoas solicitantes e beneficiarias.
As persoas solicitantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
O alumnado que resulte beneficiario destas bolsas comprométese ao cumprimento do establecido nesta convocatoria e na súa resolución, así como a cumprir as seguintes obrigas:
a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.
b) Cumprir os requisitos e as condicións establecidos para a concesión e desfrute da bolsa.
c) Cooperar coa Administración nas actuacións de comprobación que sexa necesario verificar, se procede, do cumprimento e a efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.
d) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude ou na declaración responsable e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Axencia Turismo de Galicia.
e) Comunicar á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o custo da matrícula solicitada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da bolsa.
f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.
h) Subministrar á Axencia Turismo de Galicia, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento pola Axencia Turismo de Galicia das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542519 / 981542559
Fax: 981542590
Email: informacion.cshg@xunta.gal
http://www.cshg.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/07/2019 00:00 - 01/08/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.
Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes; quedará excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.
3. Matricularse por primeira vez no curso para o que se pide a bolsa.
4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas.
a) Para as bolsas de 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas do diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), o ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos no artigo 11 desta resolución.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, para o procedemento TU200A. Este formulario axústase ao modelo que figura no anexo II.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
No caso das bolsas que se solicitan por primeira vez, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Anexo III, destinado á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto e asinado.
Certificación que inclúa a nota media dos estudos da persoa solicitante, que permita o acceso á universidade ou tarxeta PAAU para os que se matriculen no diploma superior en Xestión Hoteleira, ou do bacharelato (ou equivalente), do ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores para quen se matricule no diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Certificado municipal de convivencia ou de inscrición múltiple dos membros da unidade familiar.
Copia do libro de familia.
No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias da persoa solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, entregarase unha declaración responsable en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar correspondentes ao último exercicio fiscal, incluíndo ademais unha relación de bens mobles e inmobles, xunto cun extracto dos saldos medios mensuais de contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar.
E, se é o caso:
Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.
Documentación acreditativa da independencia familiar e económica.
Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), só no caso de que sexa expedido por outra comunidade autónoma.
Xustificante da condición de persoa con discapacidade, con indicación do grao, da persoa solicitante e dos outros membros da unidade familiar, só no caso de que sexa expedido por outra comunidade autónoma.
Xustificante de viuvez, de ser solteiro/a, de separación ou divorcio do pai/nai da persoa solicitante.
Certificación académica de estar cursando estudos universitarios, dos membros da unidade familiar menores de 25 anos e residentes fóra do domicilio familiar, durante o curso 2018/19.
No caso das persoas solicitantes que aspiren á renovación da bolsa, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Anexo III, destinado á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto e asinado.
Certificado municipal de convivencia ou de inscrición múltiple dos membros da unidade familiar.
No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias da persoa solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, entregarase unha declaración responsable en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar correspondentes ao último exercicio fiscal, incluíndo ademais unha relación de bens mobles e inmobles, xunto cun extracto dos saldos medios mensuais de contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar.
A documentación relacionada neste punto non é preciso achegala no caso dos beneficiarios de bolsas de excelencia para a renovación da bolsa.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude. deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento (tanto para novas adxudicacións de bolsas como para renovación) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto de membros da unidade familiar.
– Consulta de datos de residencia da persoa solicitante e dos demais membros que integran a unidade de convivencia.
– Certificacións catastrais literais da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día do pagamento coa Consellería de Facenda.
– Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar do último exercicio fiscal de que estean dispoñibles estes datos.
2. No caso das bolsas que se solicitan por primeira vez, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as circunstancias que acreditan os seguintes documentos e sempre que fosen expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia:
– Título de familia numerosa.
– Certificado de discapacidade da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar.
3. No caso de que as persoas interesadas ou os membros da súa unidade familiar se opoñan expresamente a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude no caso do solicitante, ou no anexo III no caso dos membros da unidade familiar, e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de posterior
- Modelo de renuncia (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2019).
-
Extracto da Resolución do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2019).
-
Resolución do 11 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás bolsas concedidas ao abeiro da Resolución do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade de estudantes "Erasmus+" do SUG
Prazo aberto: 03/01/2026 00:00 - 02/02/2026 23:59
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.
Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59