Guía de procedementos e servizos

PR970A

Bolsas de estadía do consello da cultura galega na Casa de Velázquez en Madrid.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 11/05/2019 00:00 - 10/07/2019 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta resolución ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións que rexerán a convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (unha de investigación e outra de creación) e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970A), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base 6 da convocatoria.

Poderán solicitar estas bolsas ou seren persoas beneficiarias delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

As persoas seleccionadas quedarán obrigadas:

a) Ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) A seguir as indicacións técnicas dos/das coordinadores/as ou titores/as do proxecto.

c) A entregar mensualmente aos/ás coordinadores/as ou titores/as do proxecto un informe da súa actividade e, ao finalizar a bolsa, nun prazo de cinco días, a memoria explicativa co resultado daquela.

Comunidade Autónoma de Galicia

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar-Praza do Obradoiro

15705  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957202

Email: rexistro@consellodacultura.gal

http://www.consellodacultura.gal

Consello da Cultura Galega
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/05/2019 00:00 - 10/07/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás as que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

  • As solicitudes formalizaranse no modelo que se publica como anexo IV a esta convocatoria, asinada pola persoa interesada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Os formularios tamén estarán dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).

A presentación das solicitudes poderá, de igual forma, facerse de forma presencial no Rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar; praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela).

Documentación.

  • Solicitude. Anexo IV.

No anexo IV inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable das axudas ou de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

e) Declaración conforme non resultou persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

  • As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

    • a) Certificación académica oficial completa (orixinal ou copia debidamente cotexada), na cal se fará constar a nota media do expediente académico da titulación.

    • b) Certificación do Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega (orixinal ou copia debidamente cotexada), agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes. Se este documento foi expedido pola Xunta de Galicia, achegarase copia só no caso de que a persoa interesada se opoña expresamente á súa consulta no anexo de solicitude. Tamén deberá achegarse copia no caso de ser expedido polo centro de estudos onde o/a solicitante cursou os estudos de bacharelato, é dicir naqueles casos onde non foi expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    • c) Relación de méritos puntuables da persoa solicitante da bolsa, cubrindo o anexo V das bases reguladoras, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos específicos e méritos alegados.

    • d) A experiencia laboral acreditarase a través da copia compulsada dos contratos de traballo, informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a través de copia compulsada de certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.

    • e) Memoria explicativa do proxecto de investigación, que presenta para a obtención da bolsa, elaborada segundo se especifica no anexo II.

    • f) Memoria explicativa do proxecto de artes visuais ou composición musical, elaborada segundo se especifica no anexo III.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada de solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobacións de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos (das persoas solicitantes, neste caso) incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • Título oficial universitario de licenciatura ou grao.

  • Certificados de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  • Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións (Axencia Estatal de Administración Tributaria).

  • Certificación de non ter débedas contraídas coa Seguridade Social (Tesouraría Xeral da Seguridade Social).

  • Certificación de non ter débedas contraídas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    • Extracto da Resolución do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    • Corrección de erros. Resolución do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 94 do 20 de maio de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano