Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED504G
Actividades formativas STEMweek.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.
Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso por parte das persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Actividades formativas STEMweek», e ten o código do procedemento ED504G.
Actividades de formación convocadas.
1. As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:
Quenda: 1ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 25-31 agosto de 2019 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 Curso: 3º ESO
Quenda: 2ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 1-7 setembro de 2019 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 / Curso: 4º ESO
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.
En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30. As familias ou titores/as legais dos/as menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de celebración da actividade e os gastos que isto ocasione serán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.
2. A organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.
3. O custo total de cada actividade inclúe:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As axudas poderán ser solicitadas polos/as pais, nais ou titores/as legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Servizo de Ordenación Educativa
Edif. Adm. San Caetano, B-III,
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997635 / 981546510 / 981546515
Email: licenzas.fprofe@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
30/04/2019 00:00 - 30/05/2019 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser persoa beneficiaria destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
As persoas que o desexen poden completar en liña o formulario electrónico dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir. A solicitude (anexo I) deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos. Posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II debidamente asinado, así como a documentación complementaria necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II.
b) Certificación académica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano académico 2017/18 e da nota media obtida. No caso dos centros concertados, as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro docente co visto e prace da Inspección educativa.
c) Copias do libro (ou libros) de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documento ou documentos que acrediten o número de membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores, deberase acreditar que o/a solicitante ten atribuída a custodia do fillo/a para o cal se solicita a axuda. Non se considerará membro computable da unidade familiar o proxenitor non custodio. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o seu novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación (acreditado mediante documento de ser parella de feito ou certificado de empadroamento) polo que as rendas e o patrimonio deste incluirán dentro do cómputo da renda e patrimonio familiar. No caso de custodia compartida, computarán como membros da unidade familiar os dous proxenitores e, de ser o caso, os seus novos cónxuxes ou persoas unidas por análoga relación (acreditado mediante documento de ser parella de feito ou certificado de empadroamento).
Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poida dispoñer destas informacións, non se lles exixirá ás persoas interesadas a achega individual de certificacións expedidas polas administracións correspondentes.
Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días naturais, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.
No caso de alegar circunstancias familiares especiais, indicadas no anexo I (familia monoparental, divorcio ou separación, viuvez, titoría legal ou outras), deberá alegarse:
d) Copia da xustificación de separación ou divorcio.
e) Copia de xustificación de viuvez.
f) Copia de xustificación de titoría legal.
g) Copia da xustificación das alegacións que se fagan constar como outras circunstancias familiares.
h) Copia do certificado de discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou da titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas, no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código (ED504G) e o órgano responsable do procedemento (a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE do/a solicitante e da nai, do pai ou do titor ou da titora ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c).
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Ingresos totais da unidade familiar; datos de carácter tributario ou económicos da Axencia Estatal de Administración Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF) correspondente ao ano 2017.
d) Estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas, a nai, o pai ou o titor ou a titora ou a persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou do/a solicitante no caso de ser maior de idade.
e) Estar ao día no pagamento coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de acordo co establecido no artigo 20.3, en relación co artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a nai, o pai ou o titor ou a titora ou a persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou do/a solicitante no caso de ser maior de idade.
f) Estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social a nai, o pai ou o titor ou a titora ou a persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou da persoa solicitante no caso de ser maior de idade.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
g) Título de familia numerosa.
h) Discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou da titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia.
i) Situación de pensionista de grande invalidez da nai, do pai, ou do titor ou da titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c) ou da persoa solicitante, a través da consulta co Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no anexo II, e achegar os correspondentes documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Non serán tidas en conta nin valoradas as circunstancias alegadas e non xustificadas documental e correctamente tal como se indica, nin as que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria, nin as que conteñan emendas.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Aceptación ou renuncia da axuda concedida (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019)
-
Extracto da Orde do 4 de abril de 2019 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG nº 78 del 24 de abril de 2019).
-
Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se resolve a adxudicación de axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 201 do 22 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano