Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED434B
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para tramitar a seguinte solicitude:
- Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais e profesionais código de procedemento ED434B (anexo II).
2. A tramitación do presente procedemento axustarase á normativa en materia dás táboas de equivalencia de estudos vixentes en cada momento, así como á normativa reguladora do procedemento administrativo común e da Administración electrónica.
Efectos da equivalencia de estudos estranxeiros.
A equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria, supón un recoñecemento destes con efectos laborais e profesionais, isto é, única e exclusivamente para finalidades distintas a continuar estudos no sistema educativo español.
O alumnado procedente dun sistema educativo estranxeiro que desexe incorporarse a cursos de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou a estudos que non teñan como requisito previo de acceso a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, non terá que realizar ningún trámite de validación.
Alumnado procedente dun sistema educativo estranxeiro.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546506
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes comenzará a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Os documentos expedidos no estranxeiro axustaranse aos seguintes requisitos:
a) Ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate.
b) Estar legalizados por vía diplomática ou, se é o caso, mediante a apostila do Convenio da Haya. Este requisito non se esixirá aos documentos expedidos polos estados membros da Unión Europea nin polos estados asinantes do Acordo sobre Espazo Económico Europeo.
c) Ir acompañados da correspondente tradución oficial para o galego ou para o castelá realizada por tradutor/a debidamente autorizado.
2. De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a orixe e a relevancia da documentación requirida no procedemento, as persoas interesadas deberán achegar os documentos orixinais xunto coas súas copias, para o cotexo polo órgano de rexistro ou polo órgano competente para a súa tramitación, e posterior devolución dos orixinais.
En todo caso, as copias auténticas realizadas polas administracións públicas para ser válidas e eficaces deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Cando as copias achegadas xa estivesen cotexadas ou compulsadas por notario/a español/a ou en representacións diplomáticas ou consulares de España no país de procedencia, non será necesario presentar asemade a documentación orixinal.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de recoñecemento de equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria, os seguintes documentos que acrediten:
a) A identidade, expedido polas autoridades competentes do país de orixe (documento de identidade, pasaporte,...).
b) A representación por calquera medio que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
c) Duración, en anos académicos, da escolarización no sistema educativo oficial do país de que se trate.
Comprobación de datos.
1. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilízanse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entradas da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
En todo caso, as persoas interesadas poderán achegar calquera outra documentación de carácter académico que poida contribuír a unha mellor análise e resolución da súa solicitude.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59