Guía de procedementos e servizos

ED481D

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade B).

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 01/08/2019 00:00 - 02/09/2019 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

Para acadar tal fin proponse, por unha parte, a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración e, por outra, posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia para as persoas que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2016 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, que acabaron o contrato e que acadaron unha avaliación positiva, e para as persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales se lles concedese o aprazamento da avaliación por circunstancias especiais, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva.

Modalidade B: contrato de dous anos de duración e axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato na modalidade A da convocatoria de 2016 do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral, que acabaron o contrato e que acadaron unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese o aprazamento da avaliación, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva. O obxectivo é dar continuidade á súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Número, duración e importe das axudas.

Na modalidade B: 21 axudas (a previsión inicial é de 20 en universidades do SUG e 1 no resto de entidades beneficiarias), dun máximo de dous anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 15 de novembro de 2019 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas, de acordo coa desagregación que se describe no artigo 3 do anexo II.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada deberá achegar a diferenza.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou á Gain máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Obxecto da axuda.

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral, co obxecto de dar continuidade á formación do persoal investigador que obtivo unha praza na modalidade A da convocatoria de 2016 do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral, 2016, que acabou o contrato e que acadou unha avaliación positiva, e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese o aprazamento da avaliación, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración.

Contía e duración.

O número máximo de contratos que poderán formalizarse con cargo a estas axudas é de 20 para as universidades do SUG e 1 para as demais entidades, por un período máximo de dous anos, sen posibilidade de prórroga, e de acordo coa seguinte distribución:

a) Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros en 2020 e 2021 e 5.000 euros en 2022.

Para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa.

c) Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinaladas no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican no anexo II.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995152 / 881995157

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) - 15781 Santiago

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957392 / 981957387

Fax: 981541039

Email: programas.gain@xunta.es

http://gain.xunta.es

Subdirección Xeral de Universidades
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/08/2019 00:00 - 02/09/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade B será do 1 ao 31 de agosto de 2019.

As persoas que contraten as distintas entidades con cargo a estas axudas deberán cumprir na data límite de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

a) Ter sido seleccionadas na modalidade A da convocatoria de 2016 da etapa inicial de formación posdoutoral ou na convocatoria de 2014 e que por circunstancias especiais se lle concedese o aprazamento da avaliación.

b) Que finalizasen o contrato.

c) Que obtivesen unha avaliación positiva no dito programa.

O contrato deberá desenvolverse na mesma entidade e pola mesma área en que a persoa contratada desenvolveu o seu contrato da etapa inicial de formación posdoutoral. Non se autorizarán cambios de praza e área durante a vixencia do contrato, agás por circunstancias sobrevidas de forza maior.

  • Solicitude segundo o Anexo IV, acompañada da seguinte documentación:

    • Declaración responsable da persoa candidata para ser destinataria da axuda (anexo V).

    • Aceptación no grupo de investigación ou equivalente (anexo VI).

    • Aceptación do departamento, unidade de traballo ou equivalente (anexo VII).

    • Plan de traballo.

    • CV actualizado.

    • Documentos xustificativos dos méritos alegados.

    • Memoria.

    • Certificado da entidade solicitante indicando que a persoa candidata foi contratada no programa de formación posdoutoral da convocatoria de 2016 ou da convocatoria de 2014 (no caso de que se lle concedese o aprazamento da avaliación).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia.

  • As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para a modalidade A (anexo III) e ED481D para a modalidade B (anexo IV), no caso das universidades do SUG, e IN606B para a modalidade A (anexo III bis) e IN606C (anexo IV bis) para a modalidade B no caso das demais entidades, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se amplía a duración e o crédito das axudas vixentes de apoio á etapa posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).

    • Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 (DOG nº 107 do 3 de xuño de 2020).

    • Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

    • Extracto da Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

    • Orde do 30 de setembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 201 do 22 de outubro de 2019).

    • Resolución do 29 de outubro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG nº 213 do 8 de novembro de 2019).

    • Resolución do 27 de novembro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 29 de outubro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 28 de maio de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).

    • Resolución do 23 de xullo de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de setembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 154 do 3 de agosto de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59