Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT237A
Premio á innovación bibliotecaria de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levados a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria, que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Deberán ser sustentables no tempo e fomentar a réplica nunha situación distinta pero en condicións similares. Deberán ser innovadores.
Entenderase que a innovación non só implica unha nova acción senón un modo diferente e creativo de realizar prácticas tradicionais ou de reorganizalas.
Para os efectos desta norma, considéranse proxectos:
O conxunto de actividades concretas, interrelacionadas e coordinadas entre si cun obxectivo común, que se realizan co fin de producir determinados bens ou servizos capaces de satisfacer necesidades ou resolver problemas.
Consideraranse boas prácticas:
Unha experiencia ou actividade sinxela e concreta que xurde como resposta a unha situación que é necesario modificar ou mellorar.
Non terán a consideración de proxecto ou boas prácticas as memorias de actividades dunha biblioteca ou a suma de accións individuais sen interrelación entre elas coa área elixida para o proxecto.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais ou agrupacións de concellos de Galicia que:
a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.
b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o demais requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. As agrupacións de concellos deberán estar debidamente acreditadas de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.
Deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe do premio que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, no suposto de resultar premiado, lle corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo de Bibliotecas
Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957278 / 881999773
Email: servizo.bibliotecas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
09/08/2019 00:00 - 09/09/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. As entidades locais de Galicia poderán presentar un máximo de dous proxectos ou boas prácticas postos en marcha polas súa biblioteca e/ou axencia de lectura da súa titularidade.
2. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento CT237A).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación complementaria:
1.1. Ficha do proxecto: cubrir anexo I:
Nome do proxecto ou boa práctica.
Área ou áreas en que se enmarca o proxecto.
Obxectivos do proxecto.
Metodoloxía.
Finalidade.
1.2. Memoria descritiva do proxecto ou boa práctica:
Descrición pormenorizada.
Desenvolvemento e resultados.
Criterios e procedementos de avaliación da súa efectividade.
Posibilidades de prolongación e/ou mellora do proxecto.
Ligazóns á documentación e ao proxecto presentado.
Os datos do proxecto poderán completarse con fotografías, vídeos, e calquera outro material que sirva para contextualizalo e apoialo documentalmente.
A memoria deberá presentarse en galego, segundo as normas ortográficas establecidas pola Real Academia Galega e non poderá exceder as 15 páxinas numeradas a unha soa cara (10 se é a dobre cara), en tamaño A4, con interliñado sinxelo e cun tamaño de letra, como mínimo, de 12 puntos.
Non se aceptarán proxectos que non se adecúen ao esquema descrito.
1.2. Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2017. Só no caso de non ter solicitado outra axuda convocada no ano 2019 pola Dirección Xeral de Políticas Culturais para bibliotecas e/ou axencias de lectura.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– Certificacións da AEAT, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, referido ás entidades locais.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo nos correspondentes recadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019 (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2019).
-
Extracto da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019 (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2019).
-
Resolución do 8 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade á axuda concedida ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019 (DOG nº 217 do 14 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano