Guía de procedementos e servizos

CT221A

Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 30/04/2019 00:00 - 29/05/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan a súa actividade no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en festivais e feiras internacionais do dito sector que teñan lugar no ano 2019 (código de procedemento CT221A).

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe que permitan a asistencia a festivais e feiras internacionais do sector do libro. Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a realización da dita actividade.

2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2019.

Gastos subvencionables e excluídos.

1. Son subvencionables os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionable, resulten estritamente necesarios, se realicen no prazo establecido na presente orde e estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2019, sempre que exista crédito suficiente para o seu financiamento.

2. Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe que permitan a asistencia a festivais e feiras internacionais do sector do libro das persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan a súa actividade no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega e que cumpran os requisitos para poderen ser beneficiarias segundo o disposto no artigo 3 desta orde.

Para o establecemento da contía que se pode percibir en concepto de gasto de viaxe valorarase, exclusivamente, a xustificación documental dos gastos de aloxamento e transporte.

3. Serán obxecto de subvención os gastos da viaxe que permitan a asistencia a unha única feira ou festival internacional do sector do libro por persoa beneficiaria.

4. Quedan expresamente excluídos desta subvención os gastos de manutención ou calquera outro gasto que non se refira de xeito indubidable á natureza da subvención.

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan a súa actividade no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega e que cumpran, ademais, os seguintes requisitos debidamente acreditados:

a) Ter asistido e participado nun festival ou nunha feira internacional do sector do libro no prazo establecido nesta orde.

b) Que acrediten o desenvolvemento da súa actividade obxecto da subvención no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

c) Ter publicado obra en Galicia e na actividade para a cal se solicita a subvención nos tres anos anteriores á publicación desta orde.

2. En todo caso, estarán suxeitas ás limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.

3. Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo do Libro e Publicacións

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544810

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/04/2019 00:00 - 29/05/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I. Soamente se poderá solicitar axuda para a asistencia a unha única feira ou festival internacional do sector do libro.

  • Opcionalmente, poderán presentar as súas solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • Coa solicitude deberase achegar copia da seguinte documentación:

    • a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberase acreditar a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón

    • https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.

    • b) Memoria xustificativa da necesidade e motivación da asistencia á feira ou ao festival internacional solicitado.

  • Documentación acreditativa de que cumpre os requisitos establecidos no artigo 3 desta orde para poder ser persoa beneficiaria:

    • a) Que desenvolva a súa actividade no sector do libro como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, achegando a seguinte documentación:

      • Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención, no caso de proceder, ou declaración xurada de tal exención.

      • Copia da alta en autónomos, de ser o caso.

    • b) Ter publicado obra en Galicia e na actividade para a cal se solicita a subvención nos tres anos anteriores á publicación desta orde.

      • Documentación en que conste o ISBN e o depósito legal dos títulos publicados nos tres anos anteriores á data de publicación desta orde. No caso de non ser posible achegar a dita documentación, terase que presentar un exemplar completo da obra publicada en soporte papel, posto que é inviable a súa presentación electrónica, a prol dunha mellor racionalización dos recursos administrativos e tamén por motivos legais.

  • A documentación que se achegue coa solicitude debe estar obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola persoa solicitante, que será responsable da súa veracidade.

  • A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderalles pedir ás persoas solicitantes que acheguen a documentación complementaria ou orixinais que considere necesarios para acreditaren os datos que figuren na solicitude, incluídos albarás, facturas, certificados de tiraxe e de distribución, etc.

  • As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberan indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante.

  • b) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante.

  • c) Alta no imposto de actividades económicas referido á epígrafe correspondente a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras, de ser o caso.

  • d) Certificado de domicilio fiscal, de ser o caso.

  • e) Certificacións da AEAT, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.

2. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019, e se convocan para o dito ano (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

    • Extracto da Orde do 12 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019, e se convocan para o dito ano (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

    • Resolución do 19 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 29 de abril), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019 (DOG nº 187 do 2 de outubro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano