Guía de procedementos e servizos

CT215C

Subvencións para a participación de galerías de arte en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 12/10/2019 00:00 - 11/11/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2019, fóra da comunidade.

2. Para os efectos das presentes bases, enténdense como galerías de arte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a exposición aberta ao público de obras de arte cunha finalidade comercial. A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá solicitar a acreditación desta circunstancia de consideralo necesario.

Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde, as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias destas axudas terán a obriga de facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral de Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999782

Fax: 981544802

Email: dx.politicasculturais@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/10/2019 00:00 - 11/11/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2019.

b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.

c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas ou entidades solicitantes nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.

  • Cada galería de arte poderá presentar dúas solicitudes de subvención para a asistencia a unha feira ou mercado de arte nacional ou internacional.

  • Opcionalmente, poderán presentar as súas solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • Coa solicitude deberase achegar copia da seguinte documentación:

    • a) De ser o caso, documentación acreditativa de representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberase acreditar a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.

    • b) Memoria xustificativa da necesidade e motivación da asistencia á feira ou mercado de arte.

    • c) Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado de arte.

    • d) Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención no caso de proceder, ou declaración xurada de tal exención.

    • e) Contrato ou declaración asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presentase a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante.

  • b) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante.

  • c) Alta no imposto de actividades económicas referido á epígrafe que corresponda.

  • d) Certificados da AEAT, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • e) Certificado de domicilio fiscal.

  • f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

  • g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

  • h) NIF da entidade solicitante.

2. Cando as persoal interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2019).

    • Extracto da Orde do 2 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2019).

    • Orde do 4 decembro de 2019 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 2 de outubro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 234 do 10 de decembro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano