Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS404A - Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2019/20.
As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación :
1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.
2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.
3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.
4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:
En primeiro lugar obterán praza nas escolas, as/os nenas/os empadroadas/os no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existir prazas vacantes, poderán obter praza as/os fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.
Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2019.
Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2019. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2019/20 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 9 de maio de 2019 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 23 de maio de 2019 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
16/03/2019 00:00 - 31/07/2020 23:59
Prazo ordinario: 16.03.2019 ata: 05.04.2019
Prazo extraodinario:
Segundo a Resolucion de 8 de marzo de 2019, admitiranse, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas ata o 31 de xullo de 2020 (fóra do prazo establecido no punto 2 do artigo 10) que se atopen nos seguintes casos:
1º. Nacemento, acollemento ou adopción da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes. /
2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar. /
3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello. /
4º. Retorno a Galicia durante o ano 2019 das galegas e galegos que residisen fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes. /
5º. Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. /
Estas solicitudes deberán ir acompañadas da documentación acreditativa da circunstancia que motiva a súa presentación fóra de prazo. /
Nestes supostos a adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro para o que se solicita. /
As solicitudes relativas aos supostos recollidos no punto 2º e 3º con praza adxudicada nunha escola infantil da Rede A Galiña Azul, de non existir prazas vacantes, terán preferencia sobre o resto que estea en lista de agarda despois de adxudicar praza ás que se atopen nos supostos recollidos nos números 1º, 2º e 3º do punto 1.c) do artigo 3, referido ás solicitudes de novo ingreso. De haber máis dunha solicitude nestas circunstancias a adxudicación realizarase segundo a data de presentación en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
-
As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo normalizado establecido (anexo I). Neste impreso poderá solicitarse praza para máis dunha escola, indicando a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :
-
a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.
-
-
b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.
-
c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza do servizo de educación infantil 0-3 en escolas infantís de titularidade privada.
-
d) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
-
e) Certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
f) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
-
g) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.
-
h) Xustificación de ocupación da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.
-
i) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:
-
1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal ou doutros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido pola comunidade autónoma.
-
3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
-
j) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:
-
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.
-
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
-
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
-
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
-
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
-
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
-
-
k) Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello no que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
-
l) Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
-
m) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza só nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.
-
n) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2017, deberán comunicarse e presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica.
-
A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras e), g), h), i), dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, de calquera das circunstancias alegadas.
-
Opción de participación no programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.
As persoas que non obteñan praza pública poderán optar a unha praza nalgunha das escolas infantís adscritas ao programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada. Para estes efectos, deberán cubrir a epígrafe correspondente da solicitude no anexo I desta resolución e, ademais, presentar o anexo IV debidamente cuberto, no cal se seleccionarán un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas deste servizo.
A relación de escolas adscritas a este programa poderá consultarse no anexo VIII desta resolución, a cal se publicará na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.
-
Opción de participación no programa Bono Concilia .
Así mesmo, as persoas solicitantes que non obteñan praza pública poderán optar, nas condicións que estableza a correspondente convocatoria, ao Bono Concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Para estes efectos, deberase cubrir a epígrafe correspondente no anexo I desta resolución e, ademais, presentar a seguinte documentación:
-
a) Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas coa indicación da súa contía (anexo III).
-
b) Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, de non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo III).
-
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos e nas escolas infantís que figuran no anexo VII.
-
Comprobación de datos .
1. De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento, BS404A, consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
-
b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2017.
2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS404A, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
-
a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.
-
b) Grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
d) Estar inscrito como demandante de emprego a data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso, a persoa solicitante e o/a cónxuxe ou parella.
-
e) Grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II e VI, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"