Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI426C
Subvencións do programa rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Mediante esta orde convócanse as subvencións dirixidas ás persoas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas en que se realizaron actuacións para a súa incorporación ao Programa de vivendas baleiras, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.
Actuacións subvencionables.
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.
As citadas actuacións deberán ter sido consideradas necesarias no informe municipal emitido para a incorporación da vivenda ao Programa de vivendas baleiras e, ademais, deberán estar feitas no momento de presentación da solicitude da axuda.
Requisitos para obter a axuda.
Para ter acceso á subvención é preciso que concorran os seguintes requisitos:
1. Que a vivenda estea situada nun concello que asinase o acordo de adhesión ao convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras.
2. Que haxa persoas demandantes de vivenda anotadas no correspondente rexistro municipal.
3. Que se emitise un informe municipal sobre a necesidade das actuacións para as cales se solicita a subvención.
4. Que a data de realización das actuacións sexa posterior á data de solicitude de incorporación da vivenda ao Programa de vivendas baleiras.
5. Que a vivenda estea incorporada ao Programa de vivendas baleiras do correspondente concello.
6. Atendendo ao principio de anualidade orzamentaria, a data das facturas deberá coincidir coa do exercicio orzamentario en vigor cando se presente a solicitude de subvención.
Poderanse beneficiar destas axudas as persoas físicas, así como as persoas xurídicas privadas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e, pola súa vez, promotoras das actuacións subvencionables.
Obrigas das persoas beneficiarias.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas das persoas beneficiarias:
1. Manter a vivenda no Programa de vivendas baleiras durante un período de tres anos, contados desde o día da formalización do primeiro contrato de alugamento.
2. Subministrarlle ao IGVS, logo de requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
3. As demais obrigas que derivan desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Polígono de Fontiñas. Área Central
15704 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981951886
Email: vivendasbaleiras.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/03/2018 00:00 - 30/11/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
a) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento da concesión da subvención.
b) Non estar incursa nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante.
b) Título que acredite a propiedade ou o usufruto da vivenda para a cal solicita a axuda.
c) Anexo II, de xustificación do gasto realizado, ao cal se xuntará a seguinte documentación:
1) Memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas para a concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas.
2) Memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas, que conterá a relación clasificada de gastos polas actuacións realizadas, coas correspondentes facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, onde consten a identificación do acredor, o seu importe e a súa data de emisión, así como os documentos que xustifiquen o seu pagamento. Para estes efectos, o seu pagamento deberase xustificar mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo solicitante.
d) Requirimento ou informe municipal das actuacións que se van realizar na vivenda.
e) Certificación municipal de que a vivenda está incorporada ao Programa de vivendas baleiras.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante ou da súa representante.
b) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
c) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberase dirixir á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.
As persoas xurídicas e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.a) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen as súas solicitudes presencialmente, requiriranse para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No modelo de solicitude, a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non obtivo ningunha outra axuda para a mesma vivenda e finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para esa mesma vivenda e finalidade.
c) Declaración de que na vivenda se realizaron as actuacións para as cales se solicita a subvención.
d) Declaración de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son correctos.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderalle requirir a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento.
As persoas xurídicas e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.a) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, requiriranse para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén a poderán presentar en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que os documentos que se van presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, deberanse seguir para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: (https://sede.xunta.gal/axuda/preguntas-frecuentes).
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Memoria xustificativa e economica (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Extracto da Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 14 de marzo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa Rehaluga, dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación ao Programa de vivendas baleiras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Aberto todo o ano
Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.
Aberto todo o ano