Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI422F
Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios, así como as demais edificacións de titularidade municipal, co obxecto de que se destinen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con escasos recursos económicos.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para a anualidade 2018.
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios e as demais edificacións da súa titularidade, co obxecto de que se destinen, en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).
Este límite de ingresos poderá ser modificado por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), a cal será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Actuacións subvencionables.
1. Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal, que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse considerar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén serán subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, referido no artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
Requisitos das actuacións,
1. Todas as actuacións realizar deberán axustarse á normativa técnica e urbanística en vigor e deberán cumprir a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade.
2. As actuacións subvencionables non poderán estar iniciadas no momento da presentación da solicitude.
3. O prazo de execución das actuacións virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder de 12 meses.
4. O número de vivendas resultantes da actuación de rehabilitación non poderá ser superior ao número de demandantes de vivendas inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia nese concello, na data da presentación da correspondente solicitude de subvención.
Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957886
Fax: 981541902
Email: aluga.igvs@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/12/2017 00:00 - 01/06/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xuño de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
a) Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística e correspondente ao día 1 de xaneiro do ano de cada convocatoria.
b) Contar con demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello.
c) Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.
Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se acompaña á solicitude.
b) Certificado da Secretaría Municipal no que se acredite que a edificación ou a vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal, e de que se cumpren os requisitos recollidos no artigo 5 desta orde.
c) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar na edificación ou na vivenda. Esta memoria, ou proxecto, deberá conter a seguinte documentación:
1. Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal relativo á localización da edificación ou da vivenda, ao ámbito no que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
2. Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución. Este calendario é necesario para establecer a repartición das anualidades no momento da concesión da subvención.
3. Informe do/da técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa que teña a titularidade da alcaldía ou da persoa en quen este delegue.
b) Número de identificación fiscal do concello.
2. Cando os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar no correspondente recadro habilitado para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.
Solicitudes.
1. A solicitude de concesión realizarase conforme o modelo que se incorpora como anexo I a esta orde. Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.
2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta orde, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.
3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en que esta delegue.
4. As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
5. No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou privada ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitaron ou obtiveron outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade, deberase indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou concedida para a mesma finalidade.
c) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas.
d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
e) Compromiso de destinar as vivendas rehabilitadas, durante un prazo non inferior a quince (15) anos, contado desde a finalización das actuacións subvencionadas, ao alugamento a unidades de convivencia que cumpran os requisitos previstos nesta orde.
f) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
g) Declaración de que todos os datos consignados na solicitude, así como os documentos que se acheguen son certos.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para o caso de que algún dos concellos presente a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que o faga electronicamente. Nestes casos, considerarase como data de presentación da documentación complementaria aquela na que fose presentada por vía electrónica.
2. Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
3. Os concellos interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirirlles a exhibición dos documentos orixinais para o seu cotexo coas copias electrónicas presentadas.
4. No caso de que os documentos que se deban presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido por esta, deberán seguirse, para os efectos da súa presentación, as instrucións que figuran no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación do remate das obras (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Extracto da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Resolución do 13 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2018).
-
Resolución do 17 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 21 de decembro de 2017, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 209 do 2 de novembro de 2018).
-
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano