Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU970A
Subvencións co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Presidencia da Xunta de Galicia
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE.
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2018 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), de conformidade cos art. 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e a representación teñen que coincidir cos indicados polo solicitante na solicitude de subvención. O solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial do Turismo) https://turespazo.turismo.gal.
Caso contrario, deberase aportar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación. Neste caso, a Axencia de Turismo de Galicia instará de oficio a actualización desa información no REAT.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547404 / 981546364
Fax: 981546371
Email: fomento.turismo@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/portada
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2018 00:00 - 31/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencimiento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, empregando o modelo que figura no anexo III.
3. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o novo titular na posición xurídica de beneficiario da subvención.
As persoas interesadas achegarán a seguinte documentación:
a) Anexo II: modelo de solicitude normalizado.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións a realizar.
c) Documentación específica referida á calidade:
No caso de solicitudes de axuda que orientadas á primeira certificación baixo a marca Q de Calidade Turística no presente ano, documento acreditativo da adhesión do establecemento ao ICTE, emitido polo citado organismo.
No caso de solicitudes de axuda orientadas a procesos de seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística, documento acreditativo de certificación en vigor, emitido polo ICTE.
No caso de solicitudes de axudas referidas a procesos de auditoría externa de obtención, seguimento ou renovación da marca Q, orzamento da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberá reflectirse no orzamento o número de oficinas (central e sucursais) que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa
No caso de solicitudes de axudas referidas a cotas de uso da marca Q, orzamento ou factura proforma emitido polo ICTE correspondente á cota de uso da marca anual do ano en curso.
No caso de establecementos distinguidos con Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas en vigor concedido por un destino SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.
De ser o caso, documentos acreditativos relativos ás certificacións e/ou distintivos de calidade, calidade ambiental e/ou accesibilidade en vigor do establecemento solicitante, en relación aos aspectos obxecto de valoración previstos nos apartados 5, 6 e 7 do artigo 12.
De ser o caso, documento asinado e selado polo establecemento en que se acredite o uso das novas tecnoloxías (TIC), indicando o enderezo URL da súa páxina web, e/ou URL das redes sociais en que participa, e/ou localización na web do espazo destinado á comercialización e reservas de servizos a través da web e/ou APP do establecemento para sistemas operativos IOS, Android, Windows Phone, Blackberry e/ou outros.
d) A unidade administrativa encargada da tramitación deste procedemento poderá solicitar, no caso de consideralo necesario, a documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que figura no anexo II, referenciado co código de procedemento TU970A. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A este respecto, no caso das persoas físicas titulares de establecementos ou servizos turísticos considérase que por razón da súa actividade profesional queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase a todos os efectos como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A documentación complementaria deberase presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
NIF da entidade solicitante, caso de persoas xurídicas.
DNI / NIE da persoa solicitante, caso de persoas físicas
Certificación de estar ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos acreditativos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Modelo de renuncia (Anexo IV)
- Declaracións (Anexo III)
- Solicitude de cobro da subvención (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto de obter e/ou manter a marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 145 do 31 de xullo de 2018).
-
Extracto da Resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto de obter e/ou manter a marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 145 do 31 de xullo de 2018).
-
Resolución do 4 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 238 do 14 de decembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano