Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR606A
Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para o período 2018-2019.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Mediante a presente resolución convócanse para os exercicios 2018 e 2019 as axudas a proxectos para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.
1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo da obriga de reunir os requisitos establecidos nas presentes bases reguladoras, as entidades e organizacións, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, en concreto:
a) Os órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As entidades locais de Galicia (incluíndo as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.
c) As universidades públicas galegas e o Consello Galego de Universidades.
d) As entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.
e) As reais academias, e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as organizacións en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada recollida no formulario normalizado para a presentación das solicitudes que figura no anexo I desta resolución, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Área de Administración Dixital
Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957938
Email: memoria.dixital@xunta.gal
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Modelo de oposición á consulta de datos
Prazo de presentación: PECHADO
19/07/2018 00:00 - 20/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes , contado desde o seguinte a aquel en que publique a presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os requisitos específicos para obter a condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións son:
a) O material bibliográfico e documental que sirva de base aos recursos dixitais deberá estar en dominio público. Poderanse dixitalizar bens que non estean en dominio público a condición de que as entidades solicitantes das axudas estean en posesión dos dereitos de explotación necesarios que permitan desenvolver as actuacións descritas no punto primeiro desta resolución.
b) Os solicitantes deben presentar unha relación das obras para dixitalizar como requisito imprescindible para ser avaliados pola Comisión de valoración. Se nesta listaxe se presentan obras que xa se atopan dixitalizadas, a entidade solicitante terá que xustificar no formulario normalizado de solicitude o interese e a necesidade desa redixitalización.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:
a) Documento que acredite fehacientemente as facultades de representación do asinante da solicitude. O asinante da solicitude de subvención deberá ostentar representación suficiente da organización solicitante para o inicio deste procedemento.
b) Opcionalmente, documentación complementaria á memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude, que incluirá gráficos, ilustracións ou calquera outra información adicional que a persoa interesada queira achegar para completar a súa solicitude. A valoración do proxecto realizarase atendendo á información recollida na memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude. Polo tanto, esta documentación complementaria opcional tan só ten fins aclaratorios da memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
As entidades privadas sen fins de lucro, reais academias, e as academias de Galicia deberán achegar, ademais, a seguinte documentación complementaria:
a) No caso de solicitantes que non teñan traballadores ao seu cargo, deberán presentar certificación administrativa da Seguridade Social de inexistencia de inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social. O certificado de non inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social deberá ir acompañado dunha declaración responsable da persoa interesada de que non ten traballadores ao seu cargo.
b) Copia dixitalizada da escritura de inscrición no rexistro público correspondente, só no caso de institucións privadas sen fins de lucro. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Amtega poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.
c) Copia dixitalizada do documento acreditativo que a persoa que subscribe a solicitude ostenta actualmente a representación da entidade. Se o solicitante actuase como mandataria, deberá xustificar mediante poder notarial, a dita calidade e representación.
A comprobación da existencia de datos non axustados á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá comportar, en función da súa importancia, a inadmisión da solicitude da subvención, sen prexuízo das restantes responsabilidades que puidesen derivarse.
As solicitudes serán presentadas directamente polas persoas interesadas ou pola persoa que acredite a súa representación. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que posúan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación, determinará que o documento en cuestión se dea por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.
Só se admitirá a presentación dunha única solicitude por cada persoa interesada e convocatoria. No caso de que fosen presentadas varias solicitudes polo mesma persoa interesada no prazo de presentación de solicitudes, tan só se terá en conta a última solicitude presentada.
Se a solicitude non reúne os requirimentos establecidos nesta convocatoria, requirirase a persoa interesada para que no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días emende as faltas detectadas ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixese, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido nos artigos 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir o solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia ou incidencia técnica imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Modelo de oposición á consulta de datos
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).
-
Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).
-
Resolución do 8 de febreiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 1 de abril de 2019 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2019).
-
Resolución do 7 de novembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 216 do 13 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano