Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE606A
Prazas de residencia nos centros dependentes da Consellería do Mar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Mar
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar, así como proceder á convocatoria das prazas residenciais vacantes para o curso escolar 2018/2019 .
As prazas poderanse adxudicar nas seguintes modalidades:
a) Residencia en pensión completa.
b) Media pensión.
c) Xantar diario non regular.
Prazas en réxime de residencia en pensión completa.
1. A modalidade de residencia en pensión completa supón a utilización dos servizos residenciais do centro.
2. As persoas que teñan asignada unha praza na residencia poderán facer uso dela no horario que abrangue desde os domingos ou festivos, véspera de días lectivos, ás 20.00 horas, ata o venres ou véspera de días festivos, ás 21.00 horas.
3. Con carácter xeral, a adxudicación das prazas en réxime de residencia en pensión completa aterase ao procedemento establecido no capítulo II.
4. Cando o número de solicitudes sexa igual ou inferior ao número de prazas de residencia ofertadas, os/as interesados/as deberán cumprir os requisitos exixidos nesta orde e presentar a correspondente solicitude de acordo co establecido no artigo 17.
5. No caso de determinar que o número de solicitudes é superior ao número de prazas ofertadas, procederase á adxudicación de prazas por medio do baremo recollido no capítulo II.
Prazas en réxime de media pensión e xantar diario non regular.
1. Estas prazas dan dereito a xantar na sala de comedor do centro.
2. Poderán solicitar praza en réxime de media pensión e xantar diario non regular as persoas que, cursando estudos no centro, cumpran cos requisitos xerais do artigo 2 desta orde, teñan o seu domicilio habitual a unha distancia superior a 15 km do centro docente ou ben que, aínda sendo unha distancia menor, acrediten a súa imposibilidade de chegar coa puntualidade requirida ás clases.
3. Sempre que exista dispoñibilidade, a adxudicación das prazas de media pensión e xantar diario non regular será realizada polos centros residenciais, logo de presentar a correspondente solicitude, de acordo co artigo 17, e unha vez comprobado que reúne os requisitos recollidos nesta orde, así como o pagamento da taxa correspondente.
Poderá ser persoa beneficiaria das prazas de residencia ou de comedor todo o alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes desta consellería e realice os seguintes estudos:
a) Marítimo-pesqueiros:
– Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Náutico-pesqueiros:
– Capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro polivalente, patrón/patroa local de pesca e mariñeiro/a pescador/a.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546151
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ferrol
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ribeira
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira
Praia de Coroso, s/n
15950 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 981874476
Fax: 981874368
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol
R/ Aneiros, s/n Serantes
15405 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981317611
Fax: 981328005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo
Beiramar, nº 55
36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986235609
Fax: 986201286
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa
Niño do Corvo, s/n
36626 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986527101
Fax: 986527161
Prazo de presentación: PECHADO
10/08/2018 00:00 - 31/08/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de quince días contados desde o seguinte ao da publicación desta orde.
Resoltas as solicitudes indicadas no punto anterior, no caso de existiren prazas vacantes, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes para o caso dos ciclos formativos, que será do 19 ao 28 de setembro de 2018.
Ademais, poderanse presentar solicitudes ao longo do curso escolar. Neste caso, o prazo para a presentación de solicitudes finalizará o mesmo día en que rematen os prazos de matrícula de cada modalidade de curso.
a) Ser cidadáns/as de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da convocatoria.
c) Estar matriculado/a no centro durante o curso escolar.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación que pode ser requirida pola comisión de valoración para xustificar cada un dos criterios de valoración declarados no artigo 10:
a) Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.
b) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso. A data da súa expedición será posterior á da entrada en vigor da convocatoria.
c) Documentación acreditativa da condición de orfandade, se é o caso.
d) Documentación acreditativa de familia monoparental mediante certificado de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/maternofiliais, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
e) Copia da certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aqueles/as solicitantes que procedan doutro centro formativo. Estará exento de presentar esta certificación o alumnado dos cursos especificados no artigo 2, alínea b).
f) Certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria de non ter a obriga de declarar. No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.
g) Título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
h) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.
c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, se é o caso.
d) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitarios que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes, de ser o caso.
e) Declaración do IRPF tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I no caso do solicitante e anexo II para os demais membros que compoñen a unidade familiar).
f) Título de familia numerosa no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
g) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando sexa expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
h) Certificado monoparental de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/maternofiliais, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén a poderán presentar directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.
3. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2018/19 (DOG nº 152 do 9 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano