Guía de procedementos e servizos

ED481D

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade B).

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 25/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

Para acadar tal fin proponse, por unha parte, a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración e, por outra, posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia para as persoas que obtiveron unha praza nunha universidade do SUG na convocatoria de 2014 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 28 de abril de 2018 e que acadaron unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2013 ás cales se lles concedese o aprazamento da avaliación por circunstancias especiais e que acaden unha avaliación positiva.

Modalidade B: contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG e axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade do SUG da convocatoria de 2014 do Programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceu nel ata o 28 de abril de 2018 e que acadou unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2013 que, por circunstancias especiais, tivesen concedido o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva (anexo II).

Modalidade B. Obxecto da axuda.

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de apoio á etapa de formación posdoutoral, co obxecto de dar continuidade á formación do persoal investigador que obtivo unha praza nunha universidade do SUG na modalidade A da convocatoria de 2014 do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral do Plan I2C, que permaneceu nel ata o 28 de abril de 2018 e que acadou unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2013 que por circunstancias especiais tivesen concedido o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.

Contía e duración.

O número máximo de contratos que poderán formalizarse con cargo a estas axudas é de 20 por un período máximo de dous anos, sen posibilidade de prórroga, e de acordo coa seguinte distribución:

a) Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 5.000 euros en 2018 e 10.000 euros en 2019 e 2020.

Para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa.

c) Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995152 / 881995157

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) - 15781 Santiago

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957392 / 981957387

Fax: 981541039

Email: programas.gain@xunta.es

http://gain.xunta.es

Subdirección Xeral de Universidades
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

25/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

As persoas que contraten as universidades con cargo a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter sido seleccionada para unha universidade do SUG na modalidade A da convocatoria de 2014 da etapa inicial de formación posdoutoral ou na convocatoria de 2013 e que por circunstancias especiais se lle concedese o aprazamento da avaliación.

b) Que permanecesen no programa ata o 28 de abril de 2018 ou que finalizasen o contrato no caso das persoas investigadoras da convocatoria de 2013 con aprazamento da avaliación.

c) Que obtivesen unha avaliación positiva no dito programa.

O contrato deberá desenvolverse na mesma universidade e área en que a persoa contratada desenvolveu o seu contrato da etapa inicial de formación posdoutoral. Non se autorizarán cambios de praza e área durante a vixencia do contrato, agás por circunstancias sobrevidas de forza maior.

  • Solicitude segundo o Anexo IV, acompañada da seguinte documentación:

    • a) Documento asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo V, no que se fagan constar os seguintes aspectos:

      • Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria, e no cal se faga constar a rama de coñecemento e a área temática ás cales se adscribe, así como a declaración opcional do compromiso de utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.

      • Que a persoa candidata non foi seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia, nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva, Formación posdoutoral, Juan de la Cierva-Formación ou Juan de la Cierva-Incorporación (soamente para a modalidade A).

      • Que non gozou con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración (soamente para a modalidade A).

      • Que o plan de estadías que se propón non se desenvolve no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o de doutor doutora que lle deu acceso ao programa, ou nun país en que desenvolvese actividade investigadora posdoutoral durante máis de tres meses (soamente para a modalidade A).

    • b) Documento asinado pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente aceptando a persoa candidata a ser destinataria da axuda no seo do equipo de traballo (anexo VI).

    • c) Documento asinado pola persoa directora do departamento, unidade de traballo ou equivalente, manifestando a súa conformidade para a integración no seu departamento, unidade de traballo ou equivalente da persoa candidata a ser destinataria da axuda (anexo VII).

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Ademais da sinalada nas bases da convocatoria deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:

    • a) Plan de traballo das actividades académico-investigadoras que a persoa propón realizar durante o período de contrato, con especial referencia á liña propia de investigación que se pretende establecer e ao seu orzamento, cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado pola persoa candidata.

    • b) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/

    • c) Documentos xustificativos dos méritos alegados, xunto coas copias ou enlaces ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc. que se citen no CV, que se presentarán nun único documento pdf precedido dun índice. Sinalaranse de xeito expreso e detallado as melloras no CV durante o tempo de contrato no programa de formación posdoutoral do Plan I2C. Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar ás universidades os comprobantes dos méritos alegados.

Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

  • d) Memoria asinada pola persoa candidata relativa á actividade investigadora desenvolvida nos anos que foi contratada no programa de formación posdoutoral do Plan I2C, cunha extensión de 2.000-3.000 palabras. Nesta memoria deberase facer fincapé expreso nos seguintes aspectos:

    • d.1. Achegas en forma de artigos orixinais, libros ou capítulos de libro, sobre todo naquelas achegas en que a persoa candidata sexa responsable do traballo ou principal executora. Deberase facer unha breve recensión (de non máis de 500 palabras) da relevancia das achegas deste punto.

    • d.2. Actividade da persoa candidata no seo de grupos de investigación, liñas de traballo e/ou obtención de financiamento en convocatorias públicas competitivas das administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro, sinalando, ademais, o seu grao de participación nestas accións.

    • d.3. Patentes rexistradas, indicando as que están en explotación, e destacando especialmente a extensión da protección da patente nacional, europea ou polo Tratado de cooperación de patentes (PCT).

    • d.4. Actividade formativa da persoa candidata, especialmente a relacionada coa formación de doutores/as e a dirección de teses de doutoramento.

  • e) Certificado da universidade en que conste que a persoa candidata foi contratada ao abeiro do programa de formación posdoutoral do Plan I2C da convocatoria de 2014 e que permaneceu nel ata o 28 de abril de 2018 ou que foi contratada ao abeiro da convocatoria de 2013 e que finalizou o seu contrato.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes tres procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

  • c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.

  • d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.

  • e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda da entidade solicitante.

  • f) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata expedido pola Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, ou no cadro correspondente do anexo V, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para a modalidade A e ED481D para a modalidade B no caso das universidades do SUG e IN606B para a modalidade A das demais entidades, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 (DOG nº 107 do 3 de xuño de 2020).

    • Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2018).

    • Extracto da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2018).

    • Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).

    • Resolución do 30 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 211 do 6 de novembro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59