Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED416A
Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da Unión Europea durante o verán, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 200 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2018, do alumnado universitario matriculado no curso 2017/18 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2018, ambos inclusive.
Alumnado universitario matriculado no curso 2017/18 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Remitir á Secretaría Xeral de Universidades, unha vez finalizada a actividade, a documentación que se solicita no artigo 16.
b) Comunicar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, a renuncia á axuda no caso de producirse.
c) Informar o órgano que concede a axuda da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Universidades
Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544430
Fax: 981545422
Prazo de presentación: PECHADO
06/02/2018 00:00 - 14/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2018.
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2017/18, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Queda excluído desta convocatoria:
a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
b) O alumnado que durante o curso 2017/18 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Programa do curso de idiomas para o que se solicita a axuda, en que deberá figurar o centro e lugar de destino, o período de duración, as datas de realización do curso, excluíndo as datas da viaxe e o número de horas lectivas semanais.
b) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
Certificado da universidade correspondente no que debe figurar o número de créditos superados e nota media do expediente académico a data do 30 de setembro de 2017 e, os créditos matriculados no curso 2017/2018.
Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED416A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ao ter as persoas incluídas no ámbito subxectivo as competencias técnicas e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos necesarios para formalizar as solicitudes.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2018).
-
Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se fai pública a resolución de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país, convocadas pola Orde do 27 de novembro de 2017 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas complementarias do Programa comunitario de mobilidade de estudantes "Erasmus+" das universidades públicas.
Prazo pechado: 03/01/2025 00:00 - 03/02/2025 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59