Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT899A
Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e calquera outra persoa con vinculación no emprendemento cultural.
Os premios que se outorgarán á mellor idea emprendedora presentada en cada unha das modalidades consisten en:
A) Dous premios en metálico dotados con tres mil euros (3.000,00 €) cada un (un premio por categoría e proxecto seleccionado); o proxecto gañador en cada unha das categorías sinaladas no punto 5 recibirá tres mil euros en metálico para o desenvolvemento da idea premiada e diploma acreditativo. Só haberá un premio por categoría, polo que, no caso de empate entre varios candidatos na mesma modalidade, o premio en metálico repartirase entre estes gañadores/as.
B) Posibilidade de incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de cotraballo Centro de Emprendemento Creativo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.
Poderá participar nesta convocatoria calquera emprendedor maior de idade, de calquera nacionalidade, que desexe implantar a súa idea ou desenvolver o seu proxecto dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, co fin de converter a idea nunha actividade sustentable. Terán preferencia os proxectos presentados por emprendedores nados ou afincados en Galicia e os proxectos que teñan como obxectivo o seu desenvolvemento e implantación na nosa comunidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia-Edificio CINC, terceiro andar (Monte Gaiás)
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997567
Fax: 881997577
Email: cidade.cultura@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
18/09/2018 00:00 - 17/10/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- Non poderán participar na convocatoria aquelas persoas solicitantes que iniciasen unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» a que se refire o artigo 5 das bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional.
- A persoa solicitante non poderá estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberá estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Solicitude segundo o Anexo I, acompañado da seguinte documentación:
Anexo II
Anexo III
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.
DNI ou NIE da persoa solicitante
DNI ou NIE da persoa representante
NIF da entidade representante
Títulos universitarios da persoa solicitante
Títulos non universitarios da persoa solicitante
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Resolución pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Emprende Cultura Gaiás- Sixto Seco para o ano 2018.
-
Extracto do Anuncio das bases reguladoras relativas á convocatoria 2018 do programa dos premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco (DOG nº 177 do 17 de setembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano