Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS324C - Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas a entidades locais.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para os proxectos de mobilidade transnacional dirixidos á mocidade para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, con cargo ao POEX.
A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as inscritos/as no SNGX non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.
a) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.
b) Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde, de conformidade co acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.
Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:
Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na cal estean integrados ou da cal dependan.
Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.
O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.
Serán inadmitidas a trámite aquelas solicitudes conxuntas nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.
Obrigas xerais dos/das beneficiarios/as.
1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:
Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.
Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.
Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e da IEX, que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo e as que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado calquera modificación das condicións tidas en conta para conceder a subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.
Así mesmo, deberán subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.
Obrigas dos beneficiarios das axudas a entidades locais.
a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida, que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, que se comprometerán a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ás necesidades dos/das participantes.
b) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración destas, desde o día da viaxe de ida ata o día de volta incluídos.
c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais) ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.
d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V do título I.
e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas a que sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado e ata un ano despois da súa finalización.
f) Cubrir os cuestionarios postos á disposición desde a aplicación informática 1420, relativos aos indicadores de produtividade e coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 20.4 e 29.b) e mais no punto seguinte. Os indicadores de produtividade serán cubertos no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta á disposición.
O non cumprimento desta obriga está penalizado co reintegro do 2 % da totalidade da axuda.
g) Pór á disposición dos seus participantes, a través da aplicación 1420, os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultados, e realizar un labor de asesoramento e seguimento para a súa cobertura.
Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán cubertos polos participantes no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.
h) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal
No momento da adxudicación das axudas, as entidades beneficiarias deberán enviar a relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.
Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non laborais enviarán:
Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, con indicación da data de inicio e remate das mobilidades e do período de prácticas.
Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades.
Unha certificación da persoa representante da entidade na cal conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para a realizar as mobilidades.
Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas, comunicarán:
A relación de empresas/entidades onde realizará as prácticas cada un dos/das participantes, con indicación da persoa que os/as titorizará na empresa.
O calendario de realización das prácticas de cada participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.
De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:
A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas.
A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.
i) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.
j) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.
k) Obriga de planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino, o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas non laborais.
l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
m) Realización como mínimo dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a inserción laboral dos/das mozos/as participantes, antes do vencemento do prazo de xustificación.
1. As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, e no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, entre outros:
a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
2. Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.
Os requisitos establecidos no artigo 4 desta orde, agás o de idade, deberán cumprirse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541688 / 981544645
Fax: 981545843
Email: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es
http://xuventude.xunta.es / http://garantiaxuvenil.xunta.es/
Dirección Xeral de Xuventude
Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018 (DOG nº 94 do 18 de maio de 2018).
Extracto da Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018 (DOG nº 94 do 18 de maio de 2018).
Resolución do 26 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018 (DOG nº 49 do 11 de marzo de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
19/05/2018 00:00 - 18/06/2018 23:59
O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
-
Solicitude segundo o Anexo I-C, acompañada da seguinte documentación:
-
Anexo II: Proxecto de mobilidade.
-
Anexo IV, se procede, debidamente asinado
-
Certificado do secretario ou secretaria que recolla o acordo do órgano competente, de solicitude da subvención e se nomee unha persoa representante
-
Certificación do/a secretario/a da entidade local de ter remitido ao Consello de Contas, as contas xerais do último exercicio.
-
No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constará tamén a súa titulación e experiencia, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o que realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.
-
-
Acordo/s de colaboración bilaterais con entidades europeas para a acollida de mobilidades transnacionais, se proceden, asinados por ambas partes.
-
Certificación da persoa representante da entidade na que conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.
-
Certificación da persoa representante da entidade na que conste que a data de presentación do proxecto de mobilidade, a entidade está a xestionar un/s proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.
-
Certificación da persoa representante da entidade na que conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.
-
Certificación da persoa representante da entidade na que conste que a data de presentación do proxecto de mobilidade, a entidade está a xestionar un/s proxecto/s específico/s cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.
-
Para concellos que se acollan a colaboración e presenten solicitude conxunta:
-
Anexo VIII . Cuberto obrigatoriamente por cada un dos representantes dos concellos que colaboran no proxecto.
-
Documento no que se acorde a colaboración dos concellos no mesmo proxecto, no que se incluirá o nomeamento da persoa que actuará como representante e o certificado dos/as secretarios/as dos acordos do Pleno ou da Xunta de Goberno en que autorizan o concello a que actúe como representante de todos eles para a petición da subvención.
-
De ser o caso, a memoria de aforro dos custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual.
-
-
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
-
NIF da entidade solicitante.
-
DNI/NIE da persoa representante.
-
NIF da entidade representante, cando o representante sexa unha persoa xurídica.
-
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
-
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
-
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
-
As entidades locais (BS324C) presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de aceptación
- Acordo das entidades de envío coas entidades socias de acollida (Anexo IV)
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa servizo de voluntariado xuvenil.
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.