Guía de procedementos e servizos

VI100B

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a sufragar os gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 31/10/2017 00:00 - 30/01/2018 23:59

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Convócanse as axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a sufragar os gastos para reparar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia, no eido competencial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas destinadas a sufragar os gastos para reparar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas danadas polos citados incendios forestais.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

31/10/2017 00:00 - 30/01/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso.

  • No caso de residencia habitual, certificado municipal de residencia, domicilio fiscal ou calquera outro medio de proba que acredite a residencia habitual e permanente na vivenda, no caso de non poder presentar o certificado de empadroamiento na vivenda.

  • Título que acredite a condición de persoa propietaria ou usufrutuaria da vivenda.

  • Fotografías que reflictan os danos na vivenda e, no seu caso, nas instalacións complementarias e/ou enxoval doméstico.

  • Memoria valorada por persoa técnica competente da actuación de reposición dos danos acaecidos na vivenda danada, construcións complementarias e enxoval.

  • Copia da póliza de seguro dos bens afectados ou, de non ter seguro, declaración xurada de que os bens para os que solicita as axudas non estaban asegurados.

  • Calendario de execución no que se realizarán as actuacións, indicando o importe que se comprometerá en cada anualidade.

  • Comprobación de datos:

    • DNI ou NIE da persoa solicitante.

    • DNI ou NIE da persoa representante.

    • Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

    • Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

    • Estar al día de pagamento coa Consellería de Facenda

    • Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de que a vivenda se destinara a residencia habitual e permanente.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación da solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:

    • a) Declaración de non ter solicitado ou obtido ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou ter concedida algunha outra axuda, deberá indicarse cales.

    • b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade e o seu importe.

    • c) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    • d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    • e) Declaración da persoa solicitante de que a vivenda afectada polos incendios dos días 14, 15 e 16 de outubro de 2017 é da súa propiedade ou é usufrutuaria desta.

    • f) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).

    • Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).

    • Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 241 do 21 de decembro de 2017)

    • Resolución do 27 de marzo de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos para reparar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017 (DOG nº 67 do 6 de abril de 2018).

    • Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    • Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    • Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).

    • Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI409C

Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano