Guía de procedementos e servizos

PR970A

Bolsas de estadía do consello da cultura galega na casa de Velázquez en Madrid.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 23/06/2017 00:00 - 24/07/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que rexerá a convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970A), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base 6 da convocatoria.

As persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

Os/as bolseiros/as seleccionados/as quedarán obrigados/as a:

a) Permanecer na sede da Casa de Velázquez, en horario habitual de presenza de mañá ou tarde, a non ser cando a natureza do proxecto obrigue a desprazar a investigación a outro lugar.

b) O cumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Seguir as indicacións técnicas dos/das coordinadores/as ou titores/as do proxecto.

d) Entregar mensualmente aos/ás coordinadores/as ou titores/as do proxecto un informe da súa actividade e, ao finalizar a bolsa, a memoria explicativa do resultado daquela.

Comunidade Autónoma de Galicia

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar-Praza do Obradoiro

15705  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Consello da Cultura Galega
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/06/2017 00:00 - 24/07/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación universitaria requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el con posterioridade ao 31 de decembro de 2011.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar beneficiario/a dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).

  • Solicitude. Anexo IV.

No anexo IV inclúense as seguintes declaracións responsables:

  • a) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • b) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • c) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • d) Declaración responsable das axudas ou de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

  • Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

    • a) Copia da certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título universitario, no caso de non telo. No caso de presentar un título estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

    • b) Copia compulsada da certificación académica oficial completa na cal se fará constar a nota media do expediente académico da titulación, obtida de acordo co baremo establecido na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro). Os/as titulados/as que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación deste 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.

Os e as solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación do expediente académico indicará a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas. Deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET). A nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola Resolución do 15 de setembro de 2011.

  • c) Copia compulsada do Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes. Se este documento foi expedido pola Xunta de Galicia, achegarase copia só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta no sistema de interoperabilidade correspondente.

  • d) Currículo, cubrindo o anexo V das bases reguladoras, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos específicos e méritos alegados.

A experiencia laboral acreditarase a través da copia compulsada dos contratos de traballo, informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a través de copia compulsada de certificado expedido polo organismo onde se realizaron as practicas.

  • e) Presentación dunha memoria explicativa do proxecto que presenta para a obtención da bolsa, de acordo cos requisitos especificados no anexo II ou anexo III, segundo o caso. A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a duplo espazo e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas. A non presentación desta memoria suporá a exclusión do candidato ou candidata.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas:

  • Consulta de datos de identidade de persoas físicas (DNI/NIE).

  • Verificación de títulos oficiais universitarios (titulación universitaria oficial).

  • Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega.

  • Certificación de estar ao día de pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións (Axencia Estatal de Administración Tributaria).

  • Certificación de non ter débedas contraídas coa Seguridade Social (Tesouraría Xeral da Seguridade Social).

  • Certificación de non ter débedas contraídas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a súa presentación.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Os formularios tamén estarán dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).

A presentación das solicitudes poderá, de igual forma, facerse presencialmente no Rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar; Praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano