Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE616C
Inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.
Os títulos habilitantes para o goberno das embarcacións de lecer son:
- Capitán/Capitá de iate.
- Patrón/Patroa de iate.
- Patrón/Patroa de embarcacións de lecer.
- Patrón/Patroa para a navegación básica.
- Patrón/Patroa de motonáutica A ou B
Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros:
- Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avenida Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 886 110 825/ 886 110 826).
- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (rúa 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 881 938 212 / 881 938 213).
- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (rúa Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf.: 881 866 317 / 881 866 324).
As datas dos exames teóricos e prácticos, así como os lugares onde se realizarán, aparecen indicados no anexo II desta Resolucíón. As horas dos exames serán anunciadas no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo
Avenida Beiramar, 55
36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886110825 / 886110826
Fax: 986201286
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ribeira
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira
Rúa dos Estudantes, núm. 7
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881866317 / 881866324
Fax: 981874368
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Xefatura Comarcal de Ferrol
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Xefatura Comarcal de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol
Rúa 19 de Febreiro, 30-34
15407 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 881938212 / 881938213
Fax: 881938224
Prazo de presentación: PECHADO
20/07/2017 00:00 - 10/08/2017 23:59
Convocatoria de maio: do 27.03.2017 ao 18.04.2017, ambos inclusive /Convocatoria de setembro: do 20.07.2017 ao 10.08.2017, ambos inclusive.
Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.
Solicitude segundo o Anexo I.
Recoñecemento psicotecnico, no caso de que sexa necesario, de acordo co disposto no anexo VIII do Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.
Xustificante de aboamento das taxas.
Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.
As persoas candidatas que se presenten ao exame teórico ou práctico de seguridade e navegación de patrón/patroa de iate ou de capitán/capitá de iate achegarán copia do título anterior, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
As persoas candidatas que se presenten ao exame teórico complementario do patrón/patroa de embarcacións de lecer, achegarán copia do certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou do título segundo o Real decreto 875/2014.
As persoas candidatas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate ou capitán/capitá de iate e superasen un dos módulos do exame teórico segundo o Real decreto 875/2014, achegarán copia do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).
-
Resolución do 15 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 42 do 1 de marzo de 2017).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Aberto todo o ano
Traslado do permiso de explotación para embarcación.
Aberto todo o ano